DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
do IES MARÍA SOLIÑO
|
Estas páxinas están especialmente pensadas coa idea de ofrecer unha información ampla, pero ao mesmo tempo operativa, sobre as posibilidades educativas e laborais que se ofrecen aos alumnos segundo o seu nivel educativo. Isto obriga necesariamente a unha selección da información, xa que o exceso da mesma pode producir máis desorientación que outra cousa. A selección faise, fundamentalmente, tendo en conta a información que o Departamento vai recompilando sobre as inquedanzas e as dúbidas máis frecuentes que nos chegan dos nosos alumnos e das súas familias. Esperamos, polo tanto, acertar e que o que aquí atopedes sexa de utilidade. En todo caso estamos abertos a todas as suxerencias, que podedes facernos chegar directamente ao Departamento ou ben mediante o correo electrónico do instituto (ies.maria.solino[arroba]edu.xunta.es) indicando en "asunto": Orientación. Pódense atopar, ademais documentos de traballo elaborados en coordinación con todo o profesorado e enlaces que esperamos sexan do voso interese. |
||||||||
|
|
||||||||
|
Enlaces de interese
|