O noso instituto participa nun proxecto de colaboración entre centros escolares de varios países europeos, que ten como finalidade o mellor coñecemento entre os distintos pobos e culturas. Para ese proxecto acordouse que o alumnado de cada un dos centros elaborase información sobre o seu país, comarca e localidade, para ofrecer aos demais centros. O voso grupo (3º C do IES María Soliño de Cangas do Morrazo) está encargado de presentar a información relativa á poboación de Galicia.
O traballo consiste, polo tanto, na elaboración conxunta dunha presentación informática con datos sobre a poboación de Galicia. Ese traballo enviarase aos outros centros para ser proxectado nas aulas.

Repartir o traballo

    Cada persoa escolle un dos seguintes apartados e realiza o traballo proposto. Os que primeiro rematen comezan a elaborar a presentación conxunta, para despois inserir nela as demais diapositivas no lugar correspondente.

  Apartados que debe conter a nosa presentación sobre a poboación de Galicia:

  • Datos básicos I

  • Datos básicos II

  • Distribución da poboación

  • Evolución da poboación

  • Proxección da evolución da poboación

  • A poboación do Morrazo

  • A poboación de Cangas

 

 

 

 

 

 

 

 

¿Que traballo ten que realizar cada persoa individualmente?

    Cada persoa debe:

  • consultar os datos relativos á parte do traballo que se lle indica, e

  • elaborar a(s) diapositiva(s) correspondente(s) cos gráficos ou mapas pertinentes.

    Cada un dos gráficos debe levar unha pequena nota aclaratoria que explique o máis relevante da información que o gráfico nos aporta (veremos exemplos na aula) e indique de onde tomamos os datos para elaboralo.

    A maior parte da información que debe aparecer na presentación está no libro de texto: ti debes redactala coas túas propias palabras e ilustrala mediante o(s) gráfico(s) que che corresponda facer.

 

 

 

 

 

 

 

 

¿Que traballo realizaremos conxuntamente?

  • Incluiremos todas as diapositivas nunha única presentación e decidiremos conxuntamente a aparencia gráfica (cores, tipos de letra...), o sistema de navegación ou proxección automática, etc.

  • Criticaremos o traballo indicando aqueles aspectos que non entendemos completamente ou que deben ser modificados.

  • Faremos as correccións oportunas, gardaremos a presentación nun arquivo que se reproduza automaticamente e comprimirémolo para poder envialo a través do correo electrónico.

 

 

 

 

 

 

Para realizar o traballo individual consultaremos a páxina web ou material que se indica en cada caso. A maior parte da información consultaremola na páxina do Instituto Galego de estatística (IGE)

 

Datos básicos I

  • Poboación actual: consultar na páxina do IGE  Poboación > Censos de poboación e vivendas > Series estruturais > Pirámides de idades

  • Superficie: consultar na páxina do IGE  Territorio e climatoloxía > Superficie e densidade

  • Densidade de poboación: idem

  • Elaborar un gráfico de barras comparativo entre a densidade de poboación en Galicia, España e outros países do contorno europeo (consultar datos no libro de texto)

 

 

 

 

 

 

Datos básicos II

  • Nacementos / Defuncións / Saldo vexetativo: consultar na páxina do IGE  Poboación > Movemento natural da poboación > Principais resultados Ano 2004

  • Emigración / Inmigración / Saldo migratorio: consultar na páxina do IGE  Movementos migratorios > Ano 2004

  • Cidades máis poboadas: elaborar un mapa situándoas e indicando o número de habitantes: consultar na páxina do  IGE   Poboación > Padrón municipal de habitantes e nomenclátor > Principais resultados

 

 

 

 

 

 

Distribución da poboación

  • Segundo o territorio: elaborar un mapa indicando concellos con >100.000 habitantes / de 50.000 a 100.000 / de 25.000 a 50.000 / de 10.000 a 25.000: consultar na páxina do IGE    Poboación > Censos de poboación e vivendas > Series estruturais > Series municipais.

  • A información anterior completarala con outro mapa sobre densidades de poboación. Para elaborar este mapa consulta a páxina do IGE   Territorio e climatoloxía > Densidades de poboación. Despois de ver os datos selecciona a opción de elaborar mapa e garda a imaxe resultante.

  • Por núcleos de poboación: cidades / vilas / aldeas: elaborar un gráfico circular co número de entidades de poboación de ata 2.000 persoas; de 2.000 a   10.000 persoas; de 10.000 a 50.000 e de máis de 50.000 persoas. Para iso conxulta os datos na páxina do  IGE   Territorio e climatoloxía > Territorio / Entidades singulares de poboación polo seu número de habitantes.

  • Por idades: elaborar unha pirámide de poboación: consultar na páxina do IGE  Poboación  Padrón municipal de habitantes e nomenclátor > Poboación segundo sexo e grupos quinquenais de idade.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Evolución da poboación

  • Taxa de natalidade / Taxa de mortalidade: elaborar un gráfico lineal: consultar na páxina do IGE   Movemento natural da poboación > Resultados detallados / Nacementos > Nacementos... 1975-2004; idem para defuncións.

  • Crecemento da poboación natural: consultar na páxina do  IGE   Censos de poboación e vivendas > 2001 > Información provincial / Galkicia / Estrutura da poboación > Evolución da poboación 1900 - 2001

  • Saldo migratorio: consultar na páxina do IGE  Poboación > Padrón municipal de habitantes e nomenclátor > Poboación segundo sexo e nacionalidade.

  • Evolución da idade media da poboación: elaborar unha gráfica lineal despois de consultar os datos na páxina do IGE  Poboación > Indicadores demográficos > Resultados detallados

 

 

 

 

 

 

 

 

Proxección da evolución prevista ata mediados de século

  • Consultar na páxina do IGE   Poboación > Proxeccións da poboación de Galicia > Proxección a longo prazo

  • Queremos que se vexa nun gráfico como se prevé que vai evolucionar a poboación galega ata o ano 2050. Para iso elaboraremos unha serie de pirámides de poboación desde o ano 2005 ata o 2050. Para elaboralas visita a páxina citada; crea unha carpeta no disco duro e vas gardando nela todas as imaxes das pirámides. Cando remates de gardalas elaboras con elas a presentación en PowerPoint facendo que pasen automaticamente unha detrás doutra. Debes pensar o título e un texto explicando de onde están tomados os datos e a evolución que se oberva.

 

 

 

 

 

 

A poboación no Morrazo

  • Distribución por concellos: elaborar un gráfico de barras consultando os datos na páxina do IGE  Poboación > Censos de poboación e vivendas > Series estruturais.

  • Evolución da poboación nos concellos do Morrazo: elaborar un gráfico (de barras ou lineal) consultando os datos na mesma páxina anterior.

  • Distribución por idades: gráfico circular: consultar na páxina do  IGE   Poboación > Indicadores demográficos > Principais resultados > Indicadores de poboación ano 2005

 

 

 

 

 

 

A poboación en Cangas

  • Distribución por parroquias: gráfico de barras: consulta na páxina do IGE  Poboación > Padrón municipal de habitantes e nomenclátor > Nomenclátor > Busca por entidades

  • Evolución da poboación: gráfico lineal: Banco municipal de datos > Consulta por concellos > Temas > Poboación e vivendas >  Movemento natural da poboación > Nacementos e defunción de 1975 a 2004.

  • Distribución por idade: pirámide de poboación: consulta na páxina do IGE  Banco municipal de datos > Consulta por concellos.

 

 

 

 

 

 

Para a avaliación da actividade seguirase este sistema de valoración:

  1. Cada persoa valorará o traballo realizado polas demais tendo en conta os criterios que aparecen a continuación.

  2. O profesor valorará o traballo realizado por cada persoa.

  3. A cualificación final será a media das dúas valoracións anteriores.

Criterios de avaliación

    1. Cada alumno/a terá en conta para valorar o traballo dos seus compañeiros estes criterios:

  • Ten unha actitude positiva e un papel activo na realización do traballo

  • Escoita as opinións das demais persoas do grupo 

  • Realiza o seu traballo con rigor, corrección e puntualidade 

  • Comparte a información e colabora cos demais membros do grupo 

  • Achega ideas persoais para a elaboración conxunta do traballo

  Cadaquén valorará aos restantes membros do grupo de clase, cualificándoos con 2, 1 ou 0 en cada un dos puntos anteriores; despois de feita a media obtense a cualificación de cada estudante.    

2.- O profesor terá en conta para valorar o teu traballo estes criterios:

  • O traballo realizado axústase ás condicións esixidas.

  • As afirmacións e datos contidos no traballo son correctos.

  • Contén información suficiente: non faltan datos importantes.

  • Seleccionouse axeitadamente a información máis relevante: non hai exceso de datos pouco significativos ou irrelevantes.

  • A redacción final é orixinal (non se copia literalmente de algún dos recursos propostos ou doutras fontes).

  • O nivel de corrección lingüística é axeitado e  non presenta erros ortográficos.

 

Avaliación da actividade Co obxectivo de mellorar a actividade o alumnado realizará a seguinte valoración da mesma:

 

Si

+/-

Non

O traballo proposto resultoume interesante

 

 

 

A aparencia visual da páxina resultoume agradábel

 

 

 

Entendín facilmente o traballo que se propoñía

 

 

 

Aproveitei o tempo con esta actividade

 

 

 

Os recursos propostos foron suficientes para realizar o traballo

 

 

 

Observacións que lle fago ao profesor para mellorar a actividade

 

 

  

 

    Esta actividade foi elaborada para ser utilizada no Ámbito Lingüístico e Social do primeiro ano do Curso de Diversificación Curricular, correspondente a 3º de ESO.

    Pódese ver o traballo realizado polo alumnado no curso 2005-06:

  • Descargar presentación de PowerPoint (3,5 MB)

  • Ver como páxina web