ESTUDIO DO EFECTO DA SALIVA SOBRE O ALMIDÓN

 

INTRODUCCIÓN E OBXECTIVOS

Nesta práctica imos ver o efecto da saliva sobre o almidón, compoñente importante de moitos alimentos como o pan, pastas e patacas. Para elo utilizaremos duas sinxelas probas analíticas para a determinación de hidratos de carbono ou glúcidos: o Fehling e o lugol. Tes máis detalles delas premendo as imaxes que aparecen a continuación:
 

FEHLING

LUGOL

 

 

METODOLOXÍA
Tomamos unha mostra de saliva por enxaugadura bucal e a repartimos en tres tubos de ensaio (1,2,3). O tubo nº 2 lle damos unha fervura é ó nº 3 lle engadimos unhas gotas de HCl. A continuación engadimos ós tres tubos unha solución de almidón e do tubo nº 1 tomamos mostras a intervalos regulares de tempo ás que facemos a proba do lugol. Ó final facemos a proba do lugol e a do Fehling ós tres tubos.
 

RESULTADOS

Na figura inferior tes os resultados da proba do lugol feita cas mostras tomadas no tubo nº 1 (saliva intacta)

 

 

Na imaxe da esquerda tes os resultados do Fehling nos tres tubos, e na inferior a do lugol dos tubos 2 e 3.

 
DISCUSIÓN
Polos datos obtidos vemos como no tubo nº 1 o almidón vai desaparecendo (proba do lugol) e no seu lugar aparecen glúcidos reductores que dan positiva a proba do Fehling. Isto nos permite deducir que aconteceu unha reacción de hidrólese do almidón (un polisacárido) que se transforma nunha mestura de oligosacáridos (glúcidos reductores) pola acción da saliva.

O responsable desta hidólese é a enzima amilasa (tamén chamada ptialina) contida na saliva e que ó sometela a ácción dun ácido ou fervela se desnaturaliza, perdendo a súa actividade.

 

A AMILASA

As a-amilasas son uns enzimas que hidrolizan os enlaces o-glicosídicos a(1-4) dos polisacáridos, principalmente o almidón. Como resultado se orixinan oligosacáridos (maltosa principalmente) que dan positiva a reacción de Fehling.

 

ANIMACIÓN FLASH DA ACCIÓN DA AMILASA

 

As a-amilasas son proteínas monoméricas, é dicir formadas por unha única cadea polipeptídica, e que conteñen o ión Ca+2 como cofactor. No caso dos mamíferos están localizadas prererentemente na saliva e no zume pancreático onde inician a dixestión do almidón contido nos alimentos. Na imaxe inferior tes un esquema da estructura dun destes enzimas.

 

GALERÍA DE FOTOS

As fotos foron tomadas durante a realización da práctica cos alumnos de Bioloxía de 2º de Bacharelato do curso 2006-2007

.

 

MÁIS INFORMACIÓN

A SALIVA
O ALMIDÓN