ESTUDIO DA COMBUSTIÓN DO CACAHUETE USANDO DISTINTOS MODELOS DE CALORÍMETRO

As reaccións de combustión son combinacións dunha substancia, chamada combustible, co osíxeno que se descompón noutras máis simples liberando enerxía. Se o combustible contén carbono un dos productos da reacción é o dióxido de carbono (CO2).

Este tipo de reaccións se dan, por exemplo, cando algo se queima.  Se queimamos un cacahuete a reacción acontece segundo a seguite ecuación química:

Nas mitocondrias das células  se producen reaccións de combustión  que  utilizan como combustible os nutrintes. A enerxía liberada nesta reacción, chamada respiración celular, se utiliza para realizar as  funcións vitais das células (movemento, crecemento, transporte de substancias entre as células e o exterior, reproducción, etc). Anque globalmente a reacción química é a mesma ca representada arriba, a respiración celular faise en moitas etapas para aproveitar mellor a enerxía que se libera. 

A cantidade de enerxía que produce un alimento chámase valor enerxético dun alimento e é a mesma  que se libera cando se queima e pode ser medida cun calorímetro.

Os calorímetros miden a enerxía liberada nunha reacción química xa que esta se aproveita para quentar auga. Medindo o aumento de temperatura dunha cantidade coñecida de auga se pode calcular a enerxía liberada.

O problema está en que parte da enerxía produccida na reacción se perde, para o cal probamos con distintos sistemas de aillamento que aparecen nas fotografías. A eficacia do calorímetro se refire a porcentaxe da enerxía que se aproveita para quentar a auga e consideramos o 100 % como o valor enerxético do cacahuete que ven na etiqueta da bolsa (626 kcal/100g)

cal3.jpg (34603 bytes)

Valor obtido: 217 kcal/100g

Eficacia do calorímetro: 34,7 %

cal2.jpg (36278 bytes)

Valor obtido: 209 kcal/100g

Eficacia do calorímetro: 33,3 %

cal1.jpg (29521 bytes)

Valor obtido: 240 kcal/100g

Eficacia do calorímetro: 38,3 %

cal4.jpg (20651 bytes)

Valor obtido: 207 kcal/100g

Eficacia do calorímetro: 33,1 %

autcal1.jpg (51644 bytes)

AUTORES/AS: Juan Alonso, Samuel Ballesteros, Mónica Collazo, Daniel García, Felipe Graña, David Leirós, Alberto Núñez, Ana Belén Salgado. DIVER-3 ÁMBITO CIENTÍFICO

 

CONCLUSIÓNS

Como se pode ver polos datos os nosos calorímetros non son moi eficaces e so aproveitan aproximadamente a terceira parte da enerxía liberada na combustión. 

Os calorímetros que utilizan botellas de refrescos (PET) como elemento aillante son os menos eficaces, non existindo diferencias significativas co calorímetro que non ten aillamento. 

O calorímetro que utiliza latas de refresco (aluminio) como aillante parece ser algo máis eficaz, probablemente debido ó tipo de material.

O CALORÍMETRO DE BOMBA

Para solventar estes problemas nos laboratorios utilízanse os calorímetros de bomba, do que aquí tes unha foto e un esquema.