EFECTO DO PARASITISMO DA Cuscuta NA PRODUCCIÓN DE SEMENTES NO TOXO

AUTORES: JUAN ALONSO, SAMUEL BALLESTEROS, DANIEL GARCIA, DAVID LEIRÓS, ALBERTO NÚÑEZ, ANA BELÉN SALGADO.

COLABORARON: MÓNICA COLLAZO E FELIPE GRAÑA.

4º curso de Diversificación curricular 2004-2005

 

INTRODUCCIÓN

O toxo (Ulex europaeus) é un arbusto moi abondoso en Galicia e con frecuencia aparece parasitado por outra planta chamada barbas de zorra (Cuscuta sp). Este parásito rodea ó toxo e mediante uns "chupóns" se alimenta da saiva elaborada que fabrica. Máis información.

Os froitos do toxo son legumes que conteñen un número variable de sementes. O obxetivo do noso traballo é averiguar se o parasitismo pola Cuscuta ten algun efecto sobre a produccion de sementes.

 

 

METODOLOXÍA

Aproveitando unha saída de campo de Bioloxía e Xeoloxía á zona de O Grove recollemos mostras de froitos de toxos parasidados e non parasitados no alto da Siradella (40 de cada).

Ó chegar ó Instituto fixemos o reconto das sementes que contiña cada froito e elaboramos as correspondente táboas de frecuencias, gráficos de barras e calculamos os parámetros estadísticos, tanto a mán como ca folla de cálculo..

     

 

RESULTADOS

Os resultados obtidos aparecen no seguinte gráfico:

 

Os valores da media aritmética obtidos foron:

- Toxo sen parasitar de 5,1 sementes por froito

- Toxo parasitado: 2,8 sementes por froito

 

CONCLUSIÓNS

1. Na poboación de toxo estudiada o número de sementes por froito oscila entre 0 e 10.

2. As plantas parasitadas por Cuscuta presentan un menor número de sementes por froito.

 

BIBLIOGRAFÍA

- Xurxo Pérez e outros. APRENDENDO NA NATUREZA. Ed. Xerais 1983

- Libros de matemáticas de 2º e 3º da ESO de varias editoriais.