|
ECOSISTEMA INTERMAREAL ROCHOSO |
|
|
A zona intermareal ou litoral é a que está comprendida entre a pleamar e a baixamar e polo tanto suxeita á influencia das mareas, ademáis das ondas. |
|
![]() |
As mareas son variacións diarias e periódicas do nivel do mar debido á atracción gravitatoria entre A Terra, A Lúa e, en menor medida, O Sol. O estudio do intermareal témolo que facer con marea baixa polo que precisamos consutar previamente unhas táboas de mareas.
|
|
|
|
| O movemento de auga nas mareas fai que nas zonas máis altas estean sumerxidas durante menos tempo que as máis baixas. Por outra banda cando baixa a marea as depresións da rocha quedan cheas de auga formando as pozas de marea que albergan unha interesante comunidade de seres vivos. As adaptacións dos seres vivos a estas diferentes condicións ambientais, xunto ca competencia entre eles, fai que se dispoñan en zonas.
|
|
|
|
|
|
Este tipo de medios conteñen unha grande diversidade de organismos. Na táboa inferior tes algúns deles e se premes nas celas coreadas poderás acceder a máis información. |
|
|
|
|
| REINO | PHILUM | EXEMPLOS | |
| PROTISTAS | ALGAS VERDES | Leituga de mar (Ulva lactuca) | |
| ALGAS PARDAS | Carromeiros (Laminarias) | ||
| ALGAS VERMELLAS | Coralllina officinalis | ||
| ANIMAIS | Hymeniacidon sanguinea | ||
| Anémona común (Anemonia viridis) | |||
| Actinia fragacea | |||
| BIVALVOS | Mexilón | ||
| GASTERÓPODOS | Nucella lapillus | ||
| Lapa (Patella) | |||
| Sabellaria alveolata | |||
| Nereidos | |||
| Pomatoceros | |||
| ARTRÓPODOS | Cangrexos ermitáns ou paguros | ||
| Arneiróns | |||
| Cangrexo común (Carcinus maenas) | |||
| Nécora | |||
| ESTRELAS | Marthasterias glacialis | ||
| OFIURAS | |||
| OURIZOS | Paracentrotus lividus | ||
| PROCORDADOS | Botryllus schlosseri | ||
| PEIXES | Chafarrocas (Lepadogaster) | ||
|
FUNGOS |
Lichina pygmaea | ||
|
|
|
|
A ZONACIÓN NOS ARNEIRÓNS |
|
|
|
Os arneiróns son artrópodos anque polo seu aspecto non o parecen. Pertencen ó grupo dos crustaceos e dentro deles á clase dos cirrrípedos. Existen varias especies que viven fixadas nas rochas e se alimentan por filtración da auga do mar. |
|
No ano 1961 Joseph Connell estudiou a zonación das especies de arneiróns na costa de escocia chegando a importantes conclusións sobre as causas desta distribución. Nas costas galegas a situación é moi parecida como podes ver na foto que foi tomada na nosa zona de estudio (preme nela para ver un pequeno video) |
|