MITOSE EN CÉLULAS DE RAIZ DE CEBOLA

   
INTRODUCCIÓN E OBXETIVOS

Nesta práctica imos observar as distintas fases da mitose en tecidos meristemáticos vexetais, en concreto meristemos apicais de raiz de cebola (2n=16). Os meristemos conteñen células que se están a reproducir de seguido o que fai que os órganos que os conteñen aumenten de tamaño. As raices conteñen meristemos nos seus extremos que fan que este órgano aumente a lonxitude. Imos utilizar raices do bulbo da cebola ou de sementes en xerminación.

 

   
METODOLOXÍA

Cortamos o extremo das raices e lle engadimos o colorante: orceína acética-clorhídrica. Quentamos ó mechero ata a emisión de vapores e deixamos repousar uns minutos. A continuación as colocamos entre porta e cubre e esmagamos para que as células se separen ben.

 

O video da dereita é un resumo da técnica utilizada e foi filmado durante a práctica realizada en xuño do 2008 cos alumnos de 1º de Bacharelato.

Pasa o rato por enriba del para velo

   

OBSERVACIÓN Ó MICROSCOPIO

As fotografías inferiores as fixemos no laboratorio utilizando a técnica descrita e nelas che será doado recoñecer as diferentes fases da mitose

 

   
Á esquerda tes unha animación interactiva do proceso da mitose e á dereita un video. O video é dunha mitose real pero está acelerado de tal xeito que o proceso completo, que neste caso dura unhas 4 horas, está condensado en 50 segundos.

Pasa o rato por enriba do video para velo

   

MÁIS INFORMACIÓN

 

BIOLOGY PROJECT. Actividade interactiva sobre cariotipos

Páxina con animacións e enlaces sobre división celular e outros aspectos da célula.

 

TESTS INTERACTIVOS SOBRE MITOSE E MEIOSE

As seguintes ligazóns conteñen tests interactivos para probar os teus coñecementos sobre a reproducción celular

TEST 1

TEST 2

PÁXINA CON LIGAZÓNS A OUTROS TESTS