O PEDREGAL DE IRIMIA

O pedregal de Irimia, lugar do nacemento oficial do río Miño, é un magnífico exemplo de canchal orixinado por xelifracción. Como podes ver no mapa xeolóxico o canchal (Q2Ch) está asociado a unha fractura.

 

Os xelifractos son dunha rocha metamórfica chamada cuarcita.

 

   

A rocha se fragmenta debido á presión que exerce a auga contida nas fendas cando se conxela. Este tipo de meteorización precisa climas húmidos nos que existan ciclos de xeo-desxeo o que se da nos ambientes periglaciares.

 

Os xellifractos do canchal están colonizados polo lique Rhizocarpon geographicum, que ten unha tasa de crecemento moi lenta e constante, o que o fai moi útil para determinar a idade de estructuras xeolóxicas.

 

MAIS INFORMACIÓN

CUARCITA

ANIMACION XELIFRACCION ( fai clik duas veces seguidas en next)

 

   

INICIO