|
SALINIDADE E CONDUCTIVIDADE |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A auga natural non é unha substancia pura se non que se pode considerar unha mestura de varios compoñentes:
A catidade total de sólidos disoltos chámase sólidos totais en disolución (TDS) e se expresa habitualmente en gramos por litro de auga (g/l) ou %0 (tanto por mil). No caso de que esteamos a falar de auga do mar ou de zonas onde se mestura ca auga doce (esteiros, lagoas litorais, etc.) a cantidade total de sólidos disoltos se chama salinidade. DETERMINACIÓN DA SALINIDADE Para determinar a salinidade ou TDS nunha mostra de auga hai tres procedementos básicos:
A conductividade eléctrica e a facilidade ca que un material permite o paso dunha corrente eléctrica. No caso dos sólidos depende de que posuan electróns libres (por exemplo nos metais), mentres que nos líquidos se debe a presencia de ións en disolución. A auga pura (auga destilada) ten unha conductividade case nula pero se conten substancias iónicas disoltas (NaCl por exemplo) e quen de conducir a corrente eléctrica. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ademáis a conductividade eléctrica é directamente proporcional a cantidade de ións presentes na disolución, polo que se medimos a conductividade podemos calcular a concentración de substancias iónicas presentes na auga. A unidade de conductividade no sistema internacional e o Siemens/m (S/m) anque frecuentemente se utilizan submúltiplos como o mS/cm (o Siemens e o inverso do W, que é a unidade de resistencia eléctrica). Para medir a conductividade se utiliza un conductivímetro que é un aparello con dous electrodos separados 1 cm entre os que se aplica unha diferencia de potencial de voltaxe constante. O aparello mide a intensidade de corrente producida e calcula a conductividade. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Pasa o rato por enriba para ver o video |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Unha vez medida a conductividade se calcula a salinidade ou a TDS mediante unhas tablas ou as fórmulas correspondentes. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Se observas a táboa adxunta verás que existe unha relación de proporcionalidade directa entre a concentración de sales, neste caso de NaCl, e a conductividade. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
A cantidade de sales disoltas na auga ten unha grande influencia nos seres vivos, por esta razón a conductividade é un dos parámetros utilizados para determinar a calidade das aguas. Velahí alguns datos: |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Como xa queda dito cando nos referimos á auga mariña ou ó resultado da súa mestura con agua doce a concentración total de sólidos disoltos se chama salinidade. Na taboa da dereita tes a composición promedio da auga do mar. A partir da conductividade se pode calcular a salinidade utilizando a calculadora da salinidade |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Segun a súa salinidade as augas se clasifican en varias categorías como podes ver na táboa. A salinidade normal da auga do mar é en torno a 35 g/l. As augas salobres son o resultado da mestura entre auga mariña e doce procedente dos cursos de agua, situación que se da en estuarios, lagoas litorais etc. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
MÁIS INFORMACIÓN Animación interaciva da conductividade
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||