NORMAS DE SEGURIDADE NO LABORATORIO

 

O laboratorio é un lugar onde se poden aprender moitas cousas dun xeito bastante divertido, pero pode ser perigoso.

Para evitar accidentes debes seguir unhas normas básicas que aparecen resumidas a continuación. Recorda que as normas xerais de comportamento tamén se aplican no laboratorio. En calquera caso quen ten sempre a última palabra é o profesor que dirixe a actividade.

 

ANTES DA PRÁCTICA

Repasa previamente a información ou guión da prácica para saber con antelación o que tes que facer.

Chega ó laboratorio con puntualidade.

 

 

VESTIMENTA

En xeral usa roupa cómoda e non demasiado frouxa.

Evita partes colgantes como bufandas, garabatas e mangas demasiado anchas.

En certas prácticas precisarás protección específica que se che proporcionará no laboratorio: guantes, bata ou gafas.

 

O POSTO DE PRÁCTICAS

En xeral terás un posto asignado no laboratorio que non deberás abandoar a menos que sexa necesario.

No teu posto de prácticas so debe haber o material específico da práctica asi como o necesario para consulta e toma de notas (libro, cuaderno de prácticas, guión, etc). O resto dos libros, abrigos, etc. debense deixar no lugar axeitado.

 

 

O MATERIAL

Comproba que tes no teu posto de prácticas o material necesario.

Manexa con precaución o material, especialmente o que pode se máis perigoso ou fráxil: material de disección, de vidro, eléctrico, etc.

Cerciorate de que coñeces o funcionamento dos equipos máis específicos antes de usalos: microscopio, estereomicroscopio, aparatos de medida, etc. En caso contrario pregunta ó profesor.

Se fas montaxes de varias pezas (soportes, aros, etc.) comproba que estean ben unidos e que teñan estabilidade.

Evita colocar o material cerca do borde da mesa.

Procura que o material máis longo (termómetros, pipetas, variñas) non sobresaia.

 

 

PRODUCTOS QUÍMICOS 

Non probes, cheires nin toques ningún producto químico salvo que cho indique específicamente o profesor.

Nunca utilices productos químicos que non estean correctamente etiquetados. A etiqueta debe conter como mínimo o nome ou fórmula da substancia e a concentración. 

Utiliza exclusivamente os productos asignados á práctica que esteas a facer e non os mestures cas de outras actividades.

Non pipetees directamente ácidos concentrados e similares do frasco, bótaos previamente nun vaso de precipitados e utiliza os aspiradores para pipetas.

Non devolvas ó frasco un producto sobrante. Pregunta ó profesor o xeito de desfacerte dél.

Nunca engadas auga sobre ácidos concentrados, bota o ácido sobre a auga.

Non poñas disolventes orgánicos (acetona, xilol, cloroformo, etc.) cerca de fontes de calor ou aparatos eléctricos, son moi inflamables e poderían arder.

Antes de mezclar substancias cerciorate do que vas facer e de que non se vai a producir unha reacción descontrolada.

 

 

 

DURANTE A PRÁCTICA

Segue escrupulosamente as instruccións que se che den, calquera dúbida pregúntalla ó profesor.

Non comas, bebas nen mastigues chicle no laboratorio.

Non bloquees os espacios comúns e de paso. Se tes que abandoar o teu posto de prácticas espera que estean libres.

Se observas algun material roto ou danado informa inmediatamente ó profesor.

 

Se tes que quentar substancias:

  • Utiza sempre que sexa posible fornillo eléctrico.

  • Para aquecer tubos de ensaio á chama colleos cunhas pinzas de madeira, faino por un lado movendoo lixeiramente e ca boca apuntando cara onde non haxa ninguén.

  • Utiliza reixas de amianto para o aquecemento na chama.

 

 

DESPOIS DA PRÁCTICA

Tras anotar tódolos resultados e incidencias recolle e lava o material, colocándoo onde se che indique.

Pregunta o sitio axeitado para depositar os refugallos da práctica.

Lava e seca ben as mans ó rematar a práctica.

Non leves nada do laboratorio sen a autorización do profesor.

 

MÁIS INFORMACIÓN

Preme aquí e accederás a unha páxina con abundante información sobre seguridade, material e outros aspectos do traballo do laboratoio e científico en xeral.