O CONTIDO EN SÍLICE DAS ROCHAS E A SÚA COR

A maioría das rochas son agregados de minerais e no caso das rochas ígneas os minerais máis abondosos nelas son os silicatos. Esta clase de minerais conten como unidade básica unha combinación de átomos de Si e O chamada tetraedro de sílice. A polimerización destes tetraedros e a presencia de catións da lugar os distintos tipos de silicatos. Os silicatos máis pobres en sílice (minerais máficos) adoitan ser máis escuros (piroxenos, anfíboles, biotita) mentras que os máis ricos (félsicos) son de cores máis claras (feldespatos, cuarzo), o que nos permite estimar a cantidade de sílice dunha rocha ígnea en función da súa cor. Como podes ver nos exemplos que tes a continuación as rochas se dividen en catro grupos atendendo ó seu contido en sílice:

 

 

 

FÉLSICA OU ÁCIDA

Contén máis do 65 % de sílice

 

INTERMEDIA

Conten entre o 53 % e o 65 % de sílice

 

  MÁFICA OU BÁSICA

Conten entre o 45 % e o 53 % e sílice

 

ULTRAMÁFICA OU ULTRABÁSICAS

Contén menos do 45 % de sílice

 
MÁIS INFORMACIÓN