TEXTURAS DAS ROCHAS ÍGNEAS E AS LÁMINAS DELGADAS

A textura dunha rocha se refire ó arranxamento dos seus compoñentes (minerais). No caso das rochas ígneas este término engloba características como a presencia de materia amorfa fronte ós cristais, tamaño, forma e orientación de éstes, etc.

Para a identificación da textura dunha rocha o primeiro que temos que facer é  observar directamente a mostra en superficie fresca, ben directamente ou ca axuda dunha lupa. Con frecuencia isto non é suficiente e precisamos vela ó microscopio, para o o cal hai que facer unha lámina fina.

As láminas finas son seccións moi delgadas de rochas (de uns 30 micrómetros de espesor) como as que tes nas fotos.

 

Se fas clic no icono poderas descargar un vídeo que che mostra como se fai unha lámina delgada

As láminas obtidas son case transparentes pero se se observan cun microscopio petrográfico que utiliza luz polarizada podemos ver moitas características que nos axudan na identificación dos distintos minerais que forman a rocha. 

 

A continuación tes algúns exemplos de texturas das rochas ígneas ilustrados con fotos de láminas finas ó microscopio:

 

TEXTURA GRAÚDA: a  rocha esta formada totalmente por cristais que se poden ver a simple vista. Exemplo o granito ou o gabro
TEXTURA MICROCISTALINA: a rocha está formada por cristais pero son tan pequenos que so se poden ver ó microscopio. Exemplo algúns basaltos.

TEXTURA PORFÍDICA: é unha textura moi frecuente en rochas volcánicas e filonianas. A simple vista se poden apreciar cristais (fenocristais) que están incluidos nunha matriz na que non se aprecian os seus constituintes. Cando se ve ó microscopio na matriz se diferencian microscristais (puntos luminosos) e materia amorfa (negra).
 
 
A textura dunha rocha esta directamente relacionada co seu proceso de formación. Observa con detalle a figura adxunta (fai clic para ter unha versión ampliada).

ANIMACIÓN