Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas
"Eu son... Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre".
Así comeza Memorias dun neno labrego e a través das súas páxinas o protagonista vainos contando como é a súa vida. Pero non só a súa, senón a centos de miles de nenos galegos anteriores a nós, que foron medrando e convertíndose nos nosos avós. Por iso é moi interesante coñecer esa forma de vida, tan cercana e, ó mesmo tempo tan allea a nós: unha vida pragada de privacións e carencias, de necesidades e de soños, de ilusións e desesperanzas. Unha vida que Balbino está empeñado en mellorar.
Memorias dun neno labrego é unha novela que todas e todos deberiamos ler algunha vez, porque nos ha de gustar, e porque nos ha de axudar a non esquecer o que fomos para poder entender o que somos.