Mecanoscrito da segunda orixe

Mecanoscrito da segunda orixe. Manuel de Pedrolo.

Tras un ataque extraterrestre, Alba e Dídac considéranse -e case con razón- os únicos superviventes do planeta.

Vilas arrasadas, edificios derruídos, máquinas inutilizadas, alimentos botados a perder... Ademais da destrución material e da falta de recursos, teñen que facer fronte á desaparición do xénero humano, incluídos os seus seres queridos.

O máis urxente é buscar o xeito de sobrevivir e para iso teñen que empregar moito esforzo e grandes doses de inxenio e intelixencia. A continuación deberán pensar nalgún modo de que a Humanidade non se extinga con eles.