CONTIDOS MÍNIMOS E PREGUNTAS DE EXAMEN

 

1 – OS FACTORES PRODUTIVOS

- Identificar os factores produtivos básicos da economía (terra, traballo e capital), así como a súa definición.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Que é un factor produtivo? Cales son?
2. Define: factor terra. Diferenza entre recursos renovables e non renovables e pon dous exemplos de cada un deles.
3. Explica a seguinte frase: canto máis cualificado sexa o traballo desempeñado, maior valor engadido. Como se consegue desenvolver un traballo máis cualificado?
4. Di se é verdadeira ou falsa a seguinte afirmación: “O factor traballo fai referencia ao traballo físico aplicado ao proceso produtivo polos humanos.” (Xustifica a resposta).
5. Define: factor capital. Que diferenza hai entre o capital físico e o financeiro? Pon un exemplo de cada un deles.



2 – A ORGANIZACIÓN DA PRODUCIÓN. A EMPRESA

- Identificar a importancia e necesidade da existencia de empresas.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Define empresa desde o punto de vista económico.
2. Por que son necesarias as empresas?



3 – A PRODUCIÓN NA EMPRESA

- Identificar e entender os conceptos de función de produción, produto total, medio e marxinal.
- Representación gráfica da función de produción, produto medio e marxinal, nomeando correctamente os seus eixes e analizando o seu significado.
- Comprender a importancia da lei de rendementos decrecentes.
- Diferenciar os rendementos de escala constantes, crecentes e decrecentes.
- Diferenciar os factores fixos dos variables, así como o curto e longo prazo na produción.
- Diferenciar a lei de rendementos decrecentes dos rendementos decrecentes de escala.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Define: función de produción, produto total, medio e marxinal.
2. Como se pode medir a productividade dunha empresa ou dun proceso produtivo? Pon un exemplo.
3. Por que dicimos que o concepto de produto marxinal é importante xa que nos indica ata que punto compensa seguir aumentando unidades de factor variable?
4. Diferenza factor fixo de variable, curto e longo prazo na produción. Pon un exemplo de cada un nun proceso produtivo determinado.
5. Diferenza os rendementos de escala constantes dos crecentes e decrecentes.
6. Diferenza a lei de rendementos decrecentes dos rendementos decrecentes de escala.
7. Exercicio de representación gráfica da función de produción e cálculo de PMe e PMA, análise (similares aos vistos en clase).



4 – OS CUSTOS NA PRODUCIÓN

- Comprender a importancia de que o proceso produtivo se desenvolva en termos de eficiencia.
- Comprender os conceptos de custo fixo, variable e total, así como a importancia e comportamento de cada un deles na actividade produtiva.
- Comprender os conceptos de custo medio e marxinal, así como a importancia de cada un deles na análise da cantidade óptima a producir.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Diferenza a produción tecnicamente eficiente da economicamente eficiente. Pon un exemplo.
2. Como pode deixar de ser economicamente eficiente un proceso produtivo e seguir sendo tecnicamente eficiente?
3. Define custo total, explica as súas compoñentes.
4. Diferenza os custos fixos dos variables.
5. Define custo medio e marxinal. Como varían os custos medios fixos ao aumentar a produción?¿E os custos medios variables?¿E o custo marxinal?
6. Que información nos facilita a análise dos custos medios e marxinais para a formación do prezo de venda dos produtos?


5 – ANÁLISE DO BENEFICIO

- Aproximación ao cálculo do beneficio dunha empresa.
- Comprender a importancia de cubrir os custos fixos nunha empresa, así como dos variables.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Define: soleira de rendibilidade ou punto morto. Por que é importante o seu cálculo?


NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.