Exercicios Demanda

1. Que pasaría coa función de demanda das Cigalas se o prezo dos camaróns soben moito?. Represéntao graficamente.
2. Que pasaría coa función de demanda de coches de gasolina se o prezo da gasolina sobe moito? Represéntao graficamente.
3. Que pasaría coa función de demanda das cigalas se estas baixan de prezo? Represéntao graficamente.
4. Que pasaría coa función de demanda dos capóns se estes deixan de estar de moda? Represéntao graficamente.
5. Que pasaría coa demanda de vivendas se se espera que os tipos de interese das hipotecas vaian subir? Represéntao graficamente.

Exercicios Oferta

1. Que pasaría coa oferta das fresas se resulta que se produce unha suba elevada dos salarios e, consecuentemente do custo dun dos factores principais de produción?
2. Que pasaría coa función de oferta de tomates se se descobre un produto que fai que sexa máis resistente?
3. Que pasaría coa función de oferta de vivendas se se espera que os tipos de interese dos préstamos hipotecarios suban moito?

 

 

Exercicios Equilibrio

Os alumnos do Instituto están pensando financiar unha parte da súa viaxe de estudos vendendo bocadillos. Como están estudando economía deciden facer un estudo do mercado no seu Instituto. Para iso expoñen cantos estarían dispostos a facer a un prezo dado (oferta) e preguntan aos seus compañeiros cantos estarían dispostos a comprar aos distintos prezos (demanda). O resultado da enquisa reflíctese na seguinte táboa:

Prezo/unidade             Unidades ofrecidas     Unidades demandadas
            0.30                            30                                150
            0.50                            50                               120
            0.70                            75                                 75
            0.90                            90                                 60
            1,10                            110                               40

a) Calculamos a función de demanda e de oferta, unímolas e determinamos a cantidade e prezo de equilibrio.
b) Unha vez que determinamos o punto de equilibrio, Que pasaría se resulta que deciden os alumnos oferentes poñer os bocadillos a 90 céntimos?¿E a 1,10 €?
c) Que pasaría se deciden ofrecer os bocadillos a 30 ou 50 céntimos?
d) Calcula o beneficio que obterían para cada un dos prezos de venda no caso de que o prezo de custo dos bocadillos sexa de 45 céntimos/bocadillo.

 

Bloque de exercicios

1. Cita un substitutivo dos seguintes bens: aceite de oliva, Coca-cola, gasolina, manteiga, mazá, Play Station, Coche, bolígrafo, auga

2. Cita un complementario dos seguintes bens: café, coche, Play Station, teléfono móbil, ADSL.

3. Representa graficamente a demanda de ordenadores portátiles supoñendo que a un prezo de 500 €/ud. a cantidade demandada fose de 5.000 uds.; a 600€, 3.000 uds. demandadas; a 700€, 1.500 uds. demandadas; e a 800€, 500 Uds. demandadas.

4. Representa graficamente a oferta de ordenadores portátiles supoñendo que a un prezo de 500 €/ud. a cantidade ofrecida fose de 500 uds.; a 600€, 1.500 uds. ofrecidas; a 700€, 3.000 uds. ofrecidas; e a 800€, 5.000 Uds. ofrecidas.

5. Busca a cantidade e prezo de equilibrio dos ordenadores portátiles cos datos dos exercicios anteriores. Explica a que prezos se produciría exceso de oferta e a que prezos excesos de demanda.

6. Despois dun estudo de mercado realizado pola oficina de turismo dunha cidade, chegan á conclusión de que o prezo do aloxamento nos hoteis da cidade condiciona o número de visitantes da seguinte maneira. Se o prezo do cuarto por noite é de 70€, terían 2.000 visitantes diarios; a 80€, 1.400 visitantes, a 90€, 1.000 visitantes; a 100€, 800 visitantes; e a 120€/noite, 500 visitantes.
Polo lado da oferta, existen 1000 prazas hoteleiras que son ofrecidas a 100€/noite. Os prezos das habitacións mantéñense constantes ao longo do ano.

PÍDESE:
a) Calcula o prezo e a cantidade de equilibrio. Que se podería facer para aumentar a afluencia de turistas á cidade?
b) Calcula o prezo e a cantidade de equilibrio supoñendo que, debido á celebración dun evento deportivo, a demanda para cada prezo se duplica. Que pasaría en realidade?
c) Calcula o prezo e a cantidade de equilibrio no caso de que, ademais de duplicarse a cantidade de aloxamento demandada para cada prezo, aumenta ao dobre o número de prazas hoteleiras ofrecidas (ao mesmo prezo de 100€/noite). Que pasará na realidade?