CONTIDOS MÍNIMOS E PREGUNTAS DE EXAMEN

 

UNIDADE 3 - DEMANDA, OFERTA E EQUILIBRIO

1 – A DEMANDA

- Comprender o concepto de demanda
- Identificar os factores que afectan á demanda dun ben, así como comprender o seu efecto en termos “ceteris paribus”.
- Diferenciar os movementos ao longo da curva de demanda dos desprazamentos da mesma
- Representar graficamente a curva de demanda a partir dos datos ofrecidos

Preguntas de exame relacionadas:

1. Define o concepto de demanda. Factores que inflúen na demanda dun produto ou servizo.
2. Diferenza os factores que provocan un movemento dos que provocan un desprazamento da curva de demanda.
3. Como teñen que flutuar os diferentes factores que inflúen na demanda dun ben para que se produza un desprazamento da mesma á dereita?
4. Como teñen que flutuar os diferentes factores que inflúen na demanda dun ben para que se produza un desprazamento da mesma á esquerda?



2 – A OFERTA

- Comprender o concepto de oferta
- Identificar os factores que afectan á oferta dun ben, así como comprender o seu efecto en termos “ceteris paribus”.
- Diferenciar os movementos ao longo da curva de oferta dos desprazamentos da mesma
- Representar graficamente a curva de oferta a partir dos datos ofrecidos

Preguntas de exame relacionadas:

1. Define o concepto de oferta. Factores que inflúen na oferta dun produto ou servizo.
2. Diferenza os factores que provocan un movemento dos que provocan un desprazamento da curva de oferta.
3. Como teñen que flutuar os diferentes factores que inflúen na oferta dun ben para que se produza un desprazamento da mesma á dereita?
4. Como teñen que flutuar os diferentes factores que inflúen na oferta dun ben para que se produza un desprazamento da mesma á esquerda?



3 – O EQUILIBRIO DE MERCADO

- Comprender a importancia do equilibrio de mercado como premisa para o intercambio.
- Identificar excesos de oferta e de demanda e as súas consecuencias.
- Identificar as consecuencias sobre cantidade e prezo de equilibrio dos desprazamentos das curvas de oferta e demanda
- Representar graficamente a curva de demanda e de oferta, sinalando correctamente os eixes e identificando o prezo e cantidade de equilibrio.
- Interpretar, mediante unha representación gráfica, os excesos de demanda e oferta.

Preguntas de exame relacionadas:
1. Como se determina o equilibrio no mercado?
2. Cando se dan excesos de demanda?¿E de oferta?¿Que pasará previsiblemente en cada caso?
3. Exercicio similar aos vistos en clase mediante o cal se representará graficamente a función de demanda e oferta, cantidade e prezo de equilibrio, excesos de oferta e de demanda.




4 – ELASTICIDADE-PREZO

- Comprender o concepto de elasticidade-prezo da demanda e da oferta.
- Analizar as consecuencias das diferentes elasticidades dun produto ou servizo para o consumidor e produtor.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Que é a elasticidade?¿Cando dicimos que unha curva é elástica e cando inelástica?
2. Como será o prezo dos bens dun produto cunha demanda moi inelástica?¿E dun produto con demanda elástica?
3. Pon dous exemplos de bens ou servizos cunha demanda elástica e dous con demanda inelástica. Xustifica as súas elasticidades.
4. Pon dous exemplos de bens ou servizos cunha oferta elástica e dous cunha oferta inelástica.


5 – A FIXACIÓN DE PREZOS

- Identificar os diferentes métodos para a fixación de prezos.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Pon tres exemplos de diferentes xeitos de fixar os prezos de produtos que consumas habitualmente.



6 – A DEMANDA INDUCIDA
- Comprender o concepto de demanda inducida e identificar as súas consecuencias fronte ao consumismo.


NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade, ou preguntas que figuran o Bloque de Exercicios ou Bloque de Preguntas.

 

 

 

UNIDADE 4 - TIPOS DE MERCADOS

 

1 – MERCADO DE COMPETENCIA PERFECTA

- Identificar e comprender cada unha das características básicas do mercado de competencia perfecta.
- Comprender o funcionamento do mercado de competencia perfecta.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Características do mercado de competencia perfecta. Explícaas.
2. Que quere dicir que consumidores e vendedores sexan prezo-aceptantes no mercado de competencia perfecta?
3. A que nos referimos ao dicir que un mercado de competencia perfecta debe ser transparente?¿Que é a información asimétrica?
4. Pon algún exemplo de mercado que se achegue máis ao de competencia perfecta, xustifícao describindo as súas características.



2 – MERCADO DE COMPETENCIA IMPERFECTA

- Diferenciar as características dos mercados de competencia monopolística, oligopolio e monopolio.
- Coñecer as causas da existencia de monopolios.
- Identificar o funcionamento e as consecuencias do mercado monopolístico.
- Coñecer o funcionamento do mercado oligopolístico.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Diferenza as características básicas do mercado de competencia perfecta e o mercado monopolístico.
2. Causas da existencia de monopolios. Pon un exemplo de cada unha delas.
3. Como serán os prezos nun mercado monopolístico cando se enfronta a bens ou servizos con demandas moi inelásticas?¿e cando son máis elásticas?
4. Cales son as consecuencias dos mercados monopolísticos?¿Como se poden reducir?
5. Características básicas do oligopolio. Que é o duopolio?
6. Describe brevemente o funcionamento dun mercado ologopolístico.
7. Que é o mercado de competencia monopolística?¿Como intentan obter nestes casos vantaxes competitivas as empresas?


3 – OS FALLOS DO MERCADO

- Identificar os diferentes fallos que se producen no mercado.
- Reflexionar sobre a mellor forma de resolver os fallos do mercado.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Cando se dan fallos no mercado? Nomea os que coñezas.
2. Como se poden solucionar os fallos do mercado?
3. Que son as externalidades? Pon un exemplo de cada unha delas.
4. Pon dous exemplos de externalidades negativas e propón a mellor maneira para solucionalas.


NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.