CONTIDOS MÍNIMOS E PREGUNTAS DE EXAMEN
UNIDADE 5 - MAGNITUDES NACIONAIS E INDICADORES DA ECONOMÍA |
1 – A RENDA E A RIQUEZA
- Diferenciar os conceptos de renda e riqueza.
- Diferenciar os datos económicos de axentes individuais dos colectivos.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Diferenza os conceptos de renda e riqueza dunha economía doméstica. Pon un exemplo.
2. Diferenza os conceptos de renda e riqueza dunha empresa. Pon un exemplo.
3. Como se pode incrementar a riqueza dunha familia? Pon un exemplo.
2 – MAGNITUDES MACROECONÓMICAS
- Identificar as compoñentes básicos do Produto Nacional.
- Identificar as compoñentes básicos da Renda Nacional.
- Análise das diferentes variables macroeconómicas para entender as súas relacións e diferencias.
- Realizar cálculos con diferentes variables macroeconómicas.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é o PIB? Explica cada un das súas compoñentes.
2. Diferenza o PIB do PNB
3. Explica cada un das compoñentes da RN e como derivamos a RP a partir da mesma. Que conceptos debemos restar e sumar á RN para conseguir a RPD?
4. Por que é importante a diferenza entre a RN e a RPD?¿En que afecta isto ás economías domésticas?
5. Diferenza a produción en termos brutos e en termos netos. Pon un exemplo.
6. Diferenza os conceptos de produción a custo de factores da produción a prezos de mercado. Pon un exemplo.
7. Algún exercicio práctico do estilo dos vistos en clase.
3 – A DISTRIBUCIÓN DA RENDA. CURVA DE LORENZ
- Comprender o concepto de distribución e redistribución da renda.
- Interpretar os datos que nos ofrece a curva de Lorenz.
Preguntas de exame relacionadas:
1. A que nos referimos ao falar da distribución da renda?¿Quen se encarga da súa redistribución? Pon un exemplo concreto de redistribución da renda.
2. Representar graficamente a curva de Lorenz.
3. Que indica a recta de igualdade na representación gráfica da curva de Lorenz? Interpreta o significado do desvío da curva de Lorenz respecto á recta de igualdade. Pon un exemplo con dous países que creas que teñen diferentes graos de desigualdade na distribución da renda.
4 – CRECEMENTO ECONÓMICO, DESENVOLVEMENTO E SOSTENIBILIDADE
- Identificar as causas que provocan os ciclos curtos e longos.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é un ciclo económico? Que tipos coñeces? Cales son as causas que habitualmente provocan os anteriores tipos de ciclos económicos? Pon un exemplo de cada un.
5 – LIMITACIÓNS DAS MACROMAGNITUDES
- Valorar criticamente os datos que nos ofrecen as magnitudes macroeconómicas.
- Diferenciar a información que nos ofrecen as diferentes magnitudes macroeconómicas: datos absolutos e relativos, magnitudes nominais e reais, etc.
- Comprender o significado de diferentes indicadores da evolución da economía dun país e mundial.
- Identificar os efectos negativos para a poboación da economía sumerxida.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é a Renda per cápita? E o PIB per cápita? Que información nos ofrece fronte aos datos de RN e PIB?
2. Se o PIB dun país medra, poderiamos dicir que supón unha mellora para toda a poboación? Cita dúas razóns que xustifiquen a túa resposta.
3. Por que é importante analizar os datos en termos reais fronte aos nominais? Pon un exemplo.
4. Que é o IDH? Quen elabórao? Por que se elabora este indicador se xa temos os datos de renda per cápita e PIB per cápita?
5. Que información nos ofrece o Índice de Gini? que significaría un valor do Índice de Gini = 0?
6. Di se é verdadeira ou falsa a seguinte frase: Os cidadáns dos países con Índices de Gini máis baixos viven mellor que os cidadáns con Índices de Gini máis elevados. Xustifica a túa resposta cun exemplo.
7. Di se é verdadeira ou falsa a seguinte frase: O Índice de Gini sérvenos para comparar a riqueza de dous países. Xustifica a túa resposta.
8. Pon un exemplo de economía sumerxida que se de na túa contorna e explica as consecuencias negativas da mesma para a sociedade en xeral.
NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.