CONTIDOS MÍNIMOS E PREGUNTAS DE EXAMEN
UNIDADE 6 - INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA |
1 – FUNCIÓNS DO SECTOR PÚBLICO
- Comprender as funcións do Estado na economía.
- Diferenciar as diferentes funcións que o Estado desenvolve na nosa economía.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Cales deben ser as funcións básicas do Estado na economía?
2. Cita as diferentes funcións do Estado na economía. Pon un exemplo de cada unha.
3. A que se debe a necesidade da intervención do Estado na Economía? Pon un exemplo.
2 – A POLÍTICA ECONÓMICA. INSTRUMENTOS
- Identificar as diferentes políticas económicas que pode desenvolver un Estado na economía.
- Diferenciar as políticas coxunturais das estruturais.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Diferenza as políticas estruturais das coxunturais. Pon un exemplo de cada unha.
2. Cales son os obxectivos das políticas coxunturais?¿E das estruturais? Pon un exemplo de cada unha.
3. Das seguintes políticas económicas, di cales son coxunturais e cales estruturais:
a) privatización dunha empresa pública
b) aumento do gasto público
c) conxelación do salario dos funcionarios
d) construción do AVE a Galicia
e) suba dos tipos de interese
f) diminución dos impostos
g) construción de autoestradas
h) facilitar a exportación de bens e servizos ás empresas
3 – OS ORZAMENTOS PÚBLICOS
- Coñecer as compoñentes básicos que forman os Orzamentos Xerais do Estado.
- Comprender a importancia dos ingresos públicos para que o Estado poida desenvolver a súa función pública.
- Analizar os custos de oportunidade na aplicación dos Orzamentos Públicos
- Comprender as diferentes formas de recadar impostos
- Valorar criticamente os posibles destinos dos Ingresos Públicos.
- Coñecer as consecuencias do equilibrio ou desequilibrio orzamentario.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que son os PGE?¿Por que son importantes?
2. Diferenza Gastos Públicos de Ingresos Públicos. Cales son os principais compoñentes dos Ingresos Públicos?
3. Define os diferentes tipos de tributos. Pon un exemplo de cada un deles.
4. Diferenza impostos directos e indirectos, proporcionais e progresivos.
5. Equilibrio e desequilibrio orzamentario: comenta as diferentes posibilidades. Cando dicimos que o déficit é cíclico?¿E estrutural?
6. Como financia o Estado o seu déficit público?
4 – A POLÍTICA FISCAL E OS SEUS EFECTOS
- Identificar o papel do Estado como garante do crecemento sostido da economía.
- Coñecer os diferentes instrumentos de política fiscal dos que dispón o Estado.
- Identificar os instrumentos de política fiscal expansiva, cando se aplica e comprender as súas consecuencias.
- Identificar os instrumentos de política fiscal restritiva, cando se aplica e comprender as súas consecuencias.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Define: política fiscal, política fiscal expansiva, política fiscal restritiva.
2. Explica cando se debe aplicar unha política fiscal expansiva, por que e as súas consecuencias. Explica os instrumentos dos que dispón o Estado para a súa aplicación e como faino.
3. Explica cando se debe aplicar unha política fiscal restritiva, por que e as súas consecuencias. Explica os instrumentos dos que dispón o Estado para a súa aplicación e como faino.
4. Supoñamos que un país entra nunha fase de recesión económica, que provoca unha redución do PIB, Como podería o Estado axudar á economía? Explica os instrumentos dos que dispoñería e como empregaríaos. Que consecuencias positivas e negativas tería para o sistema económico?
5. Supoñamos que nun país se produce unha desaceleración da economía, sobre todo derivado da diminución da actividade do sector da construción. Como podería o Estado axudar a recuperar a actividade económica? Explícao cun exemplo.
6. Se un país ten continuamente déficit orzamentario, Como lle chamarías?¿E se este fose coxuntural?¿É sempre malo que faia déficit orzamentario?¿Sería desexable para un país que sempre tivese superávit orzamentario?
7. Unha das bases da política económica da Unión Europea é o equilibrio orzamentario. Por que cres que lle dan tanta importancia? Cres que este debe ser un obxectivo básico independentemente da marcha da economía?
5 – O ESTADO DO BENESTAR
- Coñecer o significado do Estado de Benestar.
- Valorar criticamente a necesidade da existencia dun Estado do Benestar, as diferentes formas de alcanzarlo, así como os seus posibles custos de oportunidade.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é o Estado do Benestar? Cales son as principais críticas deste modelo?¿E os seus principais virtudes?
6
– ACTIVIDADES DE DEBATE
- Valorar criticamente os diferentes graos de intervención estatal na economía
- Valorar criticamente a xustiza de diferentes sistemas impositivos
- Recoñecer distintas interpretacións e sinalar as posibles circunstancias e causas que explícanas, a partir de informacións procedentes dos medios de comunicación social e/ou internet que traten, desde puntos de vista dispares, cuestións de actualidade relacionadas coa política económica, distinguindo entre datos, opinións e prediccións.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Comentario dunha noticia de actualidade económica
NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.