CONTIDOS MÍNIMOS E PREGUNTAS DE EXAMEN

 

UNIDADE 7 - DIÑEiRO E INFLACIÓN

 

1 – O DIÑEIRO: ORIXE E EVOLUCIÓN

- Coñecer a evolución das diferentes clases de diñeiro ata a actualidade.
- Diferenciar os conceptos de diñeiro mercancía, papel e fiduciario.
- Identificar a importancia do diñeiro como facilitador do intercambio.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Cal é o principal problema do troco como modelo de intercambio?¿Como se solucionou?
2. Que diferenza hai entre o diñeiro papel e o diñeiro fiduciario? Pon un exemplo de cada un.



2 – FUNCIÓNS DO DIÑEIRO: DEMANDA E OFERTA

- Identificar para que serve o diñeiro.
- Coñecer os diferentes motivos polos que os diferentes axentes económicos demandan diñeiro.
- Saber de quen depende a creación de diñeiro e analizar os diferentes agregados da oferta monetaria.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Funcións do diñeiro.
2. Cales son os diferentes motivos polos que se demanda diñeiro? Pon un exemplo de cada un.
3. Quen ten a facultade de crear diñeiro? Referímonos unicamente ao diñeiro papel? Se a resposta é que non, a cales nos referimos?



3 – O PREZO DO DIÑEIRO

- Asimilar o concepto do diñeiro como calquera outro ben ou servizo que existe no mercado.
- Entender as consecuencias de que o diñeiro ten un prezo e, como consecuencia se pode comprar e vender.
- Identificar a importancia da TAE como medio de valoración real do custo do diñeiro.
- Coñecer os factores que afectan ao prezo do diñeiro.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Cal é o prezo do diñeiro? Explica o concepto de TAE.
2. Pon un exemplo sinxelo no que se poña de manifesto o prezo do diñeiro.
3. Cales son os factores principais que inflúen no tipo de interese? Pon un exemplo de cada un.



4 – A INFLACIÓN: CONCEPTO E TIPOS

- Entender o concepto de inflación.
- Consideración dos diferentes tipos de inflación.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Que é a inflación? Por que é importante que a inflación sexa moderada?
2. Que é a inflación? Nomea os tipos de inflación que coñezas, entre que valores oscilarían?




5 – CAUSAS E COSNECUENCIAS DA INFLACIÓN

- Analizar os diferentes motivos polos que se pode producir inflación.
- Analizar as consecuencias da inflación para diferentes axentes económicos.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Causas da inflación. Diferéncialas en coxunturais e estruturais.
2. Causas da inflación. Cales cres que son hoxe en día as principais?
3. Consecuencias da inflación. A que sectores aféctalles máis?
4. Consecuencias da inflación. Pon un exemplo de cada unha.



6 – O ÍNDICE DE PREZOS AO CONSUMO

- Valorar a importancia do IPC como medida da inflación, coñecendo o método de elaboración.
- Comparar os pesos dos diferentes grupos de bens e servizos que serven para elaborar o IPC cos propios.
- Entender a importancia dun IPC armonizado en ao sistema económico europeu no que nos atopamos.
- Comprender o concepto de taxa de inflación e diferencialo da taxa de inflación subxacente.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Que é o IPC?¿Como se calcula?
2. Que é a cesta de consumo típica das economías domésticas?¿Para que se realiza a Enquisa de Orzamentos Familiares?¿Consideras que é unha boa medida para valorar o efecto da inflación para todas as economías domésticas?¿Por que?
3. Diferenza a taxa de inflación da taxa de inflación subxacente.
4. Diferenza a taxa de inflación da taxa de inflación subxacente. Por que cres que se establece esta diferenciación?


7 - DATOS, OPINIÓNS E PREDICCIÓNS

- Analizar criticamente informacións con distintos puntos de vista sobre un mesmo feito aparecido nos medios de comunicación


Preguntas de exame relacionadas:

1. Análise das informacións aparecidas nunha noticia de actualidade económica.



NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.

 

 

UNIDADE 8 - SISTEMA FINANCIEIRO E POLÍTICA MONETARIA

 

1 – O SISTEMA FINANCEIRO ESPAÑOL

- Coñecer as diferentes institucións que compoñen o sistema financeiro español.
- Identificar as diferencias entre institucións financeiras bancarias e non bancarias.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Que é o SEBC? Que outras institucións compoñen o Sistema Financeiro Español?
2. Que diferencias hai entre os bancos e caixas de aforro? Pon dous exemplos de bancos privados e dous de caixas de aforros.
3. Cal é a característica diferenciadora principal entre os intermediarios financeiros bancarios e os non bancarios?
4. Os intermediarios financeiros non bancarios. Pon un exemplo.



2 – O PROCESO DE CREACIÓN DO DIÑEIRO

- Entender o proceso de creación de diñeiro bancario.

Preguntas de exame relacionadas:

1. Por que dicimos que os bancos e caixas de aforros teñen a facultade de crear diñeiro?
2. Explica, cun sinxelo exemplo, o proceso de creación de diñeiro bancario.



3 – INSTRUMENTOS FINANCEIROS

- Coñecer os diferentes instrumentos financeiros que hai na economía.
- Diferenciar os produtos financeiros activos dos pasivos, desde a óptica do consumidor e desde a óptica dos intermediarios financeiros.
- Valorar criticamente a utilización do diñeiro por parte dos intermediarios financeiros, así como diferentes ofertas dos mesmos.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Define: activo financeiro, pasivo financeiro, servizos bancarios. Pon un exemplo de cada un.
2. Os pasivos financeiros: concepto e tipos. Pon un exemplo de cada un.
3. Os activos financeiros: concepto e tipos. Pon un exemplo de cada un.
4. Describe diferentes servizos que ofrecen os bancos e caixas de aforro.
5. Que é unha hipoteca?. É un activo ou un pasivo financeiro?¿Por que?





4 – A BOLSA DE VALORES

- Comprender as diferencias entre renda fixa e variable.
- Análise do risco de determinadas investimentos.
- Coñecer a diferenza entre o mercado primario e secundario.


Preguntas de exame relacionadas:

1. Que é a Bolsa de Valores? Poderiamos clasificar a Bolsa de Valores como un intermediario financeiro bancario?¿Por que?
2. Diferenza a renda fixa da variable. Pon un exemplo de cada un.
3. Diferenza o mercado primario do secundario de valores. Pon un exemplo.




5 – POLÍTICA MONETARIA

- Identificar a importancia da política monetaria.
- Coñecer os diferentes instrumentos de política monetaria.
- Diferenciar a política monetaria expansiva e restritiva.
- Coñecer cando, como e as consecuencias de cada unha das posibles políticas monetarias.


Preguntas de exame relacionadas:

1. A que nos referimos cando falamos de política monetaria?¿Quen a decide?¿Cales son os obxectivos básicos da política monetaria da UE?¿Poderíase cualificar como coxuntural ou estrutural?¿Por que?
2. Os instrumentos de política monetaria. Explica como afecta cada un deles á oferta monetaria.
3. A política monetaria expansiva: cando se aplica, como se utilizan os diferentes instrumentos para aplicala e que consecuencias ten.
4. A política monetaria restritiva: cando se aplica, como se utilizan os diferentes instrumentos para aplicala e que consecuencias ten.
5. Diferenza a política monetaria expansiva da restritiva: cando se aplica cada unha e as súas consecuencias.





NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.