CONTIDOS MÍNIMOS E PREGUNTAS DE EXAMEN
UNIDADE 9 – COMERCIO INTERNACIONAL E GLOBALZACIÓN |
1 – O COMERCIO INTERNACIONAL: PROTECCIONISMO E LIBRECAMBIO
- Reflexionar acerca das vantaxes en inconvenientes do proteccionismo e do librecambio.
- Diferenciar os argumentos a favor do proteccionismo e a favor do librecambio.
- Analizar os diferentes instrumentos proteccionistas.
Preguntas de exame relacionadas:
1. En que baséase o proteccionismo?¿E o librecambio?
2. Argumentos a favor do proteccionismo e a favor do librecambio.
3. Instrumentos proteccionistas. Pon un exemplo que explique a diferenza lso aranceis “ad valorem” dos “específicos”.
4. As medidas de fomento das exportacións, pódense considerar instrumentos proteccionistas? Pon un exemplo de apoios comerciais, financeiros e fiscais á exportación.
5. Que é o dumping? Pon un exemplo.
2 – RELACIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS: COOPERACIÓN E INTEGRACIÓN
- Entender o motivo das cooperacións en integracións internacionais.
- Analizar os diferentes graos de integración económica.
- Interese polas funcións desenvolvidas polos seguintes organismos internacionais: BM, FMI, OCDE, OMC e PNUD.
- Análise da influencia dos diferentes organismos internacionais no desenvolvemento da economía mundial, tanto de países pobres como ricos.
- Coñecer o funcionamento básico da Unión Europea.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Por que diferentes países intégranse para chegar a acordos comerciais? Indica dous tipos de integración diferentes.
2. Diferenza Bilateralismo, Área de Libre Comercio e Unión Alfandegueira.
3. Diferenza un Mercado Común, Unión Económica e Integración Económica.
4. Cales son as funcións básicas do Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional?¿Que é a Organización Mundial do Comercio?
5. A actuación dos diferentes organismos internacionais como BM e FMI, contribúen a unha maior igualdade na distribución da renda mundial? Xustifica a túa resposta.
6. Comentario dalgunha noticia de actualidade.
3 – GLOBALIZACIÓN: CAUSAS E CONSECUENCIAS
- Valorar de maneira crítica a evolución da economía internacional desde a perspectiva da globalización.
- Contribución de diferentes organismos internacionais á globalización.
- Reflexionar acerca das vantaxes e inconvenientes da globalización.
- Analizar os factores que favorecen a globalización, así como os motivos polos que é defendida e criticada.
- Analizar informacións a favor da globalización.
- Analizar informacións en contra da globalización.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é a globalización? Argumentos a favor e en contra.
2. Factores que favorecen o proceso globalizador.
3. Tipos de globalización.
4. Vantaxes e inconvenientes da globalización.
5. Como cres que se debería producir a globalización da economía para que esta non fose criticada polos movementos antiglobalización?
6. Comentario dalgunha noticia de actualidade.
NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.
UNIDADE 10 – MERCADO DE DIVISAS E BALANZA DE PAGAMENTOS |
1 – A BALANZA DE PAGAMENTOS
- Entender o funcionamento básico da Balanza Corrente
- Comprender a importancia dos saldos das diferentes subbalanzas da balanza de pagamentos.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Exercicio sinxelo para o cálculo da Balanza Corrente e comentario das consecuencias.
2 – O MERCADO DE DIVISAS
- Entender as consecuencias das flutuacións das diferentes moedas na economía internacional.
- Diferenciar os conceptos básicos relacionados co funcionamento do mercado de divisas.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é unha divisa? E o tipo de cambio? Pon un exemplo que explique cada un dos conceptos anteriores.
2. Que efectos positivos sobre unha economía terá a baixada do tipo de cambio da súa moeda?¿E negativos?
3. Que efectos provocará na balanza corrente dunha economía a apreciación da súa moeda respecto ás dos seus principais competidores internacionais?¿E se se deprecia?
4. Que consecuencias ten para o turismo español a apreciación do euro?¿E sobre a importación de petróleo?
5. O prezo do petróleo subiu moito nos últimos anos, por que, aínda que foi grande a suba na zona euro, esta foi proporcionalmente menor que en países que utilizan outras divisas diferentes ao euro?
6. As empresas europeas están comprando moitas empresas de Estados Unidos, indica algún factor relacionado co mercado de divisas que favoreza estas compras, isto é positivo ou negativo para a evolución do PIB da zona euro?.
3 – O SISTEMA MONETARIO EUROPEU (SME)
- Comprender as consecuencias, positivas e negativas de pertencer ao SME.
- Reflexionar sobre as consecuencias positivas e negativas da existencia do euro.
- Analizar consecuencias para as economías domésticas, empresas e sector público da existencia do euro.
Preguntas de exame relacionadas:
1. Que é o Sistema Europeu?¿Por que se creou?¿Todos os países da UE están integrados nel?
2. Por que se esixiron o cumprimento duns criterios de converxencia para integrarse no SME?
3. Vantaxes e inconvenientes da entrada do Euro.
4. Comenta a seguinte frase: “Os españois aínda non habemos interiorizado o valor do euro”.
5. Por que hai quen defende que a entrada do euro provocou unha maior inflación?
6. Comentario dalgunha noticia de actualidade económica ou artigo relacionado co SME ou o euro.
NOTA: Outra posible pregunta é a definición de diferentes conceptos incluídos no glosario da unidade.