Sección de EOI na biblioteca do Centro

O pasado 21 de xaneiro tivo lugar a inauguración da sección de EOI na biblioteca do IES nº1. Máis de 200 alumnos da sección da escola oficial de idiomas xa poden disfrutar dos fondos, constituídos maiormente por libros de todo xénero, pero tamén DVDs, diccionarios en CD-Rom, CDs de música e pronuncia, e audiolibros.

Esperamos que o alumnado disfrute desta nova vía de aprendizaxe que se abre ante eles e agradecemos ao IES a súa xenerosidad ao cedernos o espazo, así como a todo o profesorado pola súa colaboración e ánimos, e por suposto a todo o alumnado de EOI que participou no concurso de marcapáxinas coas súas artísticas contribucións".