O Grupo de Lingua e Literatura, integrado por docentes de Lingua e Literatura -por veces en colaboración co seu alumnado-, están elaborando slideshows con materiais complementares para as aulas que che poden ser de grande axuda no teu aprendizado. Clicando na ligazón, accedes á páxina que os contén.
Deixamos por aquí algún acceso directo para que te animes a aprender por outras vías alternativas ás das aulas:
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A poesía. Celso Emilio
Vangardas
March 14th, 2009
Deixo por aquí o enderezo dun blogue da autoría de Rosa Salgueiro, de grande interese para Lingua e literatura, con moitos materiais: Na punta da lingua
Queda tamén nas ligazóns
Para o alumnado de 2º de Bac, selecciono especialmente o que segue:
1) Para o primeiro bloque da proba de Selectividade: comentario
2) Sintaxe
May 18th, 2008
No documento que segue, podedes consultar o listado de alumnas e alumnos que poden ou deben asistir ao exame de recuperación final. listado.pdf
May 18th, 2008
No Centro Social de Fingoi, os días 10, 11, 14, 15 e 16 deste mes de abril estivo aberta unha exposición sobre Otero Pedrayo; neses mesmos días, alumnado de ensino secundario podia asistir -e mesmo unirse escenicamente- a unha montaxe teatral feita por Sabela Gago e baseada nos relatos de Contos do camiño e da rúa de Otero Pedrayo.
Do noso centro, assistiron os grupos de 2º B e 2º D de Bacharelato, acompañados por Marta López e Maria J. Diaz.
A editorial Galaxia, organizadora do acto, en colaboración co Concello de Lugo, ofereceu algúns libros para as persoas que seguiron o acto con aproveitamento.
April 22nd, 2008

Desde o pasado xoves, día 17, e até o domingo, 20, un equipo do instituto formado por Alba Galicia, Sergio, Uxia e Alejandro de 2º A de BAC e o profesor Luís Castro participaron en Santiago de Compostela na I Liga de Debate organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
A seguir podemos ler o informe que o profesor Luís Castro nos achega sobre a participación do noso equipo:
Xoves 17: Viaxamos a Santiago pola tarde. Celébranse os sorteos dos debates, etc.
Venres 18. Empezamos a actividade todos os grupos ás 9. Nós participamos en 2 debates, un pola mañá e outro pola tarde con resultado ben distinto. O da mañá co equipo do IES San Rosendo de Mondoñedo, tremendamente competido perdemos por: 20 ítems Mondoñedo, 19 Nosa Señora. Á tarde debate o equipo do instituto contra o Colexio A Grande Obra de Atocha de A Coruña, gañando o equipo do instituto de xeito moi contundente. Este día asistimos a outros debates e actividades propostas pola organización.
Sabado 19: pola mañá competimos, no que vai ser o noso último debate, porque o perdemo,s co IES As Mariñas de Betanzos. Pola tarde asistimos a un debate-demostración no que competían dous equipos formados por membros dos xuíces da competición e que son profesores de Universidade, xornalistas, etc, pero todos eles avezados participantantes en debates universitarios, mesmo a nivel internacional. Asistimos ademais a outras actividades.
Domingo 20: pola mañá cedo, regresamos para Lugo porque os alumnos do noso instituto, Alba Galicia, Sergio, Uxia e Alejandro son de 2º de BAC e, coa proximidade do final de curso, decidiron virse por ter moito que estudar, polo que non asistimos á final e entrega de premios.
VALORACION:
Tivo toda a liga de debate unha moi boa organización tanto no Multiusos Fontes do Sar, onde se celebran os debates, coma no hotel (Monte do Gozo).
Gozamos dun ambiente moi agradábel, cos alumnos competindo, esforzándose nos debate, buscando novos datos, elaborando novas argumentacións e sempre cun respecto e compañeirismo altísimo e aprendendo moito uns dos outros segundo me manifestan. O seu compertamento foi excepcional en todos os sentidos.
Só tivemos un pequeno inconveniente, sen que sirva de disculpa de nada, debido ao ser os nosos alumnos de 2º de BAC a estas alturas de curso non dispuxeron do tempo suficiente para a investigación exaustiva do tema de debate, agravando un pouco máis o tema o feito de que non fomos admitidos como participantes ata poucos días antes da celebración da Liga. Non obstante realizaron debates dun moi bo nivel, en certos momento do máis alto da competición.
Por último agradecerlle ao Instituto os medios postos ao nos dispor e, de xeito especia,l aos profesores que colaboran, xa axudando na investigación do tema, xa entendendo e permitindo algún cambio de exame, etc. Tamén o agradecemento para os alumnos de 2A ou doutros grupos que dalgún xeito nos axudaron.
.
April 22nd, 2008