Presentación

                    99px-Orland_di_Lassus.miniatura.jpg                       images.jpg

Ola a todos! Dende o Departamento de Música estamos encantados de vos dar a benvida a este blog, que quere ser outra vía de comunicación cos nosos alumnos e alumnas. Nel poderedes atopar un complemento á materia tratada nas clases, propostas de traballos, materiais didácticos, suxestións para a reflexión sobre o feito musical, actividades de tipo lúdico…, e en xeral todo aquilo que nos vaiades demandando ou que a nós se nos vaia ocurrindo, e que consideremos do voso interese.

Agardamos as vosas visitas, propostas e suxestións.

¡Por certo! Ese cabaleiro de aspecto tan serio que atopastes ó comezo da páxina chámase Orlando di Lasso, e se ben é certo que a súa cara non é a mellor presentación para o blog, coido que a súa música si o é: se premedes no botón que está ó pé da ilustración, poderedes ouvir un canon seu, no que se define á música como “o millor regalo de Deus”.

Esta eloxiosa definición de música vainos dar pé para recoller outra serie de reflexións, que teñen tamén á música como protagonista. Pero queremos que sexades vós os que nolas fagades chegar. Nós deixámosvos outra máis. Agardamos polas vosas. Graciñas de antemán.

“Na música tódolos sentimentos voltan ó seu estado puro, e o mundo non é outra cousa que música feita realidade”.  (Arthur Schopenhauer).

Deixa a túa cita

 


Presentación

Este é o blog de Música, composto, dirixido e interpretado por Vity, Belén e Miguel. ¡Bo proveito!

Almanaque

February 2012
M T W T F S S
« Mar    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Visitas