CORUÑA CÚBICA

 

 

Volver

ENTRAR

 

Nesta foto que podes ver a seguir aparecemos as alumnas e alumnos que, durante o curso 2007-2008, formamos  o Club Matemático Durán Loriga do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña.

Os membros do club, ao longo deste ano, desenvolvemos varias actividades relacionadas coas matemáticas. A maioría dos que aparecemos na foto, participamos nas que denominamos Coruña Cúbica e Matemáticas: feminino/plural.

Esta sección está dedicada á actividade Coruña Cúbica que tivo como obxectivo prioritario a construcción de materiais que nos permitisen tratar algunhas cuestións matemáticas  relacionadas co hexaedro regular ao tempo que facemos unha conexión con imaxes da  cidade que  poidan considerarse relacionadas co cubo ou, simplemente, nos provoquen a súa lembranza.

Cando deseñamos esta actividade, tiñamos tamén en mente o obxectivo de preparar a nosa participación no XIII Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida da Coruña, 10 de maio de 2008), e na II Feira Matemática (Palacio da Opera da Coruña, 24 de maio de 2008).

Os materiais aos que facemos referencia formaron parte, ademais, dun dos núcleos arredos dos que se desenvolveu a IX Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo (IES Ramón Otero Pedrayo, do 4 ao 13 de xuño de 2008).

 

 

ENTRAR