| CORUÑA TESELADA
|
|
|
|
Nesta foto que podes ver a seguir aparecemos as alumnas e alumnos que, durante o curso 2008-2009, formamos o Club Matemático Durán Loriga do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña. Os membros do club, ao longo deste ano, desenvolvemos varias actividades relacionadas coas matemáticas. A maioría dos que aparecemos na foto, participamos nas que denominamos A Coruña Teselada, A maxia das estrelas e Investigacións sobre sistemas de numeración. Durante este curso creamos unha importante colección de materiais en relación coas liñas de traballo que acabamos de citar, entre outros: Quebracabezas utilizando imaxes da cidade e tomando como base os mosaicos semirregulares, estrelas máxicas, teselacións de estrelas... Cando deseñamos estas actividades, tiñamos tamén en mente o obxectivo de preparar a nosa participación no XIV Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida da Coruña, 9 de maio de 2009), e na III Feira Matemática (Palacio da Opera da Coruña, 16 de maio de 2009). Os materiais aos que facemos referencia formaron parte, ademais, dun dos núcleos arredor dos que se desenvolveu a X Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo (IES Ramón Otero Pedrayo, do 1 ao 10 de xuño de 2009). |
|
|