| MOVEMENTOS
|
|
|
|
Nesta foto que podes ver a seguir aparecemos as alumnas e alumnos que, durante o curso 2009-2010, formamos o Club Matemático Durán Loriga do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña. Os membros do club, ao longo deste ano, desenvolvemos varias actividades relacionadas coas matemáticas. A maioría dos que aparecemos na foto, participamos nas que denominamos Movementos, Binario e O cuarto de Fermat. |
|
Un dos proxectos no que nos ocupamosdurante este curso levou por título:
Trátase dunha familia de actividades coas que se quere mostrar a importancia de actuar utilizando criterios que nos leven a introducir unha certa orde en situacións aparentemente caóticas. Os xogos que mostramos teñen por finalidade captar a atención das persoas que os intenten e baséanse na realización de movementos e reordenacións. |
| Ademais das propostas ás que nos acabamos de
referir, traballamos tamén arredor doutras que teñen que ver co
sistema de numeración de base dous e que agrupamos baixo a etiqueta:
|
|
Como tiñamos previsto, o traballo realizado serviu para que puideramos participar no XV Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida da Coruña, 8 de maio de 2010), e na IV Feira Matemática (Palacio da Opera da Coruña, 15 de maio de 2010) e para que celebraramos a XI Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo (IES Ramón Otero Pedrayo, do 2 ao 11 de xuño de 2010).
|
|
|