Matemáticas: feminino/plural

 

 

Anterior

Autora do traballo:

Andrea Gestal González

Cartel Autora do debuxo:

 

Andrea Gestal González

 
 

Émilie de Châtelet

 

Gabrielle Émile Le Tonnelier de Breteuil, marquesa de Châtelet, naceu en París o 17 de decembro de 1706 e faleceu en Lunéville o 10 de setembro de 1749.

Seus pais foron Gabrielle Anne de Froulay e Louis-Nicolas Le Tonnelier de Breteuil, barón de Preuilly, que desempeñaba un alto cargo diplomático na corte do rei Luís XIV. Émile tivo, pois, a sorte de nacer no seo dunha familia moi acomodada ocorrendo, ademais, que no seu domicilio se desenvolvía unha grande actividade cultural impulsada por ilustres visitantes dos ámbitos cultural e científico.

Aproveitou ela este privilexio e, dende moi nova, participou deste favorable ambiente cultural preocupándose por entender todos os temas que alí se trataban. Por outra parte, seu pai, en contra das correntes dominantes, fixo que tivese unha importante educación en pé de igualdade coa que recibiron os seus irmáns varóns.

Deste xeito, aos doce anos falaba inglés, italiano, español, alemán, traducía textos en latín e grego e tiña feitos importantes avances no estudo das matemáticas e da metafísica, ademais de tocar o clavecín.

Pero non foi unicamente unha persoa cunha mente excepcional dedicada exclusivamente aos seus estudos; tamén adoitaba ser o centro de atención nas festas e nas diversións da aristocracia, chamando a atención pola súa maneira de vestir e de actuar. Foi presentada na corte coa idade de dezaseis anos, e aos dezanove xa estaba casada con Florent Claude, marqués de Châtelet, que era once anos maior que ela. Este matrimonio foi de interese e non por amor, onde o marido sabía da súa capacidade intelectual e o non lle puxo ningunha traba nese sentido. Con el tivo tres fillos, pero tiña fama de libertina.

Tivo varios amantes, entre os que destacou Voltaire. Con el mantivo unha relación de quince anos e foi o que aconsellou que se dedicara a estudar física e matemáticas. Viviron xuntos no castelo de Cirey-Blaise, propiedade do Marqués de Châtelet. Esta residencia converteuse nun gran centro cultural no que traballaron e estudaron intelectuais de toda Europa. A súa biblioteca contaba com. máis de dez mil volumes. Neste lugar tamén desenvolveron moitos traballos experimentais coma, por exemplo, as investigacións arredor da natureza e da propagación do lume que deu lugar ao ensaio científico Dissertation sur la nature et propagation du feu. Escribiu tamén un ensaios obre óptica e un Discurso sobre a felicidade.

Émilie tratou a personalidades moi relevantes do campo das matemáticas como Clairault, Maupertuis, König, Daniel Bernoulli, Leonard Euler ou Bufón.

Estudou as teorías de Descartes, de Gottfried Leibniz e Isaac Newton tratando de aglutinar todas as cuestións que ela consideraba importantes e poñendo en cuestión as ideas que non compartía. Este estudo fructificou no seu traballo As institucións da física, publicado en 1740, primeira obra de física escrita en francés na que se divulgan conceptos de cálculo diferencial e integral.

Unha das súas máis importantes contribucións á historia da ciencia foi realizar  a traducción do latín ao francés dos Principia Matemática de Isaac Newton, obra que consta de tres libros. A súa traducción contén moitas explicacións e exemplos que facilitan grandemente a comprensión desta importantísima obra (que contén teorías sobre movemento dos astros,  sobre cálculo infinitesimal, sobre o movemento dos fluídos e tamén a Lei de Gravitación Universal) polo que o seu traballo resultou de importancia capital para a difusión da mesma.

En resumo, foi unha pioneira no seu campo e unha das primeiras científicas, indo moitas veces en contra da maneira de pensar da época que lle tocou vivir.

Anterior