Volver á páxina de entrada.
Este é o significado dos encabezamentos que aparecen na primeira
columna da táboa que hai máis abaixo:
C: Número de caras.
V: Número de vértices.
A: Número de arestas.
p: Número de arestas que forman cada cara.
q: Número de arestas que concorren en cada vértice.
Ang.: Valor numérico da medida de cada un dos ángulos interiores das caras, tomando como unidade graos sesaxesimais.
Ang_Died.: Valor da medida de cada ángulo diedro formado por dúas caras, expresado en graos, minutos e segundos sesaxesimais.
Ang_Died_D; Expresión en decimais de grao dos correspondentes valores facilitados na fila anterior. (Exemplo: 30º 30’ = 30.5º). As respostas
que non sexan números enteiros expresaranse con
catro cifras decimais, facendo redondeo para esa
cuarta cifra.
Área: Fórmula para calcular a medida da superficie do poliedro.
a representa a medida dunha aresta do poliedro
Área, a=1: Valor decimal da área tomando a=1 unidade. As respostas
que non sexan números enteiros expresaranse con
catro cifras decimais, facendo redondeo para esa
cuarta cifra.
Volume: Fórmula para calcular a medida do volume do poliedro.
Volume, a=1: Valor decimal do volume tomando a=1 unidade. As respostas
que non sexan números enteiros expresaranse con
catro cifras decimais, facendo redondeo para esa
cuarta cifra.
Volver á páxina de entrada.