ACTIVIDADES CON POLIEDROS
|
OITAVA ACTIVIDADE |
|
Os poliminós son figuras no plano que se obteñen agrupando cadrados iguais unidos por lados completos. Monominó, dominó, triminó, tetraminó... son os nomes que reciben as configuracións construídas utilizando un, dous, tres ou catro cadrados. Existen 35 hexaminós. Once destes hexaminós corresponden ós desenvolvementos dun cubo. Esta actividade consiste en determinar se os hexaminós que se presentan son ou non desenvolvementos dun cubo. |