ACTIVIDADES CON POLIEDROS
|
NOVENA ACTIVIDADE |
|
|
|
Imos considerar que un dado está ben construído cando a suma de puntos de cada par de caras opostas vale 7 e as caras que teñen 1, 2 e 3 puntos se distribúen arredor dun vértice en sentido positivo de xiro (que, como todos sabemos, é o contrario ó que determina o movemento das agullas dun reloxo). Segundo estas consideracións, as construccións que aparecen á esquerda e á dereita na imaxe anterior, non corresponden a dados. Na primeira os puntos de cada par de caras, non sempre suman sete. Na última os puntos 1, 2 e 3 non están colocados seguindo o sentido positivo de xiro. Tes que ter moi presentes estas consideracións para poder resolver satisfactoriamente a actividade que che propoñemos agora. |