![]() |
|||
![]() |
Cando comezaba o curso 1999-2000, un par de profesores do Departamento de Matemáticas do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña propuxeron ás súas alumnas e alumnos a creación dun marco no que poder encadrar e desenvolver actividades relacionadas coa asignatura que eles explicaban: as matemáticas. A idea orixinal pretendía estender múltiples fíos: Descubrir
á totalidade do alumnado (tanto ós que afirmaban que lle
gustaban as matemáticas, coma ós que dicían odialas)
que esta disciplina dispón de parcelas nas que calquera deles
(respectando os intereses e as capacidades particulares) pode desenvolver
tarefas gratificantes. Exposicións:
|
||
![]() ![]() |
|||
Obradoiros:
O buque insignia do noso grupo, é o boletín
de divulgación matemática DOUSPIERRE. É esta unha
publicación doitan aparecer seis números por curso.Outras
Outras:
O buque insignia do noso grupo, é o boletín de divulgación matemática DOUSPIERRE. É esta unha publicación da que adoitan aparecer seis números por curso. g Nela poderedes atopar seccións practicamente fixas (Pensar é divertido, Tangram, Matemáticas na rede,...) e outras que son producto dos nosos obradoiros ou das nosas investigacións (Personaxes matemáticos, reseñas de libros, pequenas artigos,...). Tamén aparecen no boletín referencias a outras actividades que realizamos (exposicións, participación en concursos,...).
O noso club matemático denomínase Durán Loriga na memoria do que foi insigne (e descoñecido) matemático coruñés.
En
1869, cando tiña 15 anos, ingresou na Academia de Artillería,
da que sairía catro anos máis tarde co grao de tenente primeiro.
Pouco despois, debido á súa alta capacitación, foi
proposto para desempeña-la Cátedra de Mecánica pero
rexeitou o ofrecemento por motivos de saúde e, sobre todo, porque
quería vivir na Coruña. Debido á súa grande paixón polas matemáticas, fundou unha academia na que se facía a preparación para o ingreso no exército e as escolas de enxeñería e arquitectura. Durante moitos anos dedicouse ó estudio das matemáticas. En 1888 obtivo medalla de ouro e diploma na Exposición Universal de Barcelona. Chegou a ser membro de numerosas institucións nacionais e estranxeiras e publicou múltiples traballos de investigación matemática. A consideración mostrada pola comunidade matemática internacional cara á figura de Juan Jacobo Durán Loriga queda patente na grande cantidade de amigos que tiña dentro do mundiño matemático. Na súa biblioteca destacan numerosos libros con dedicatorias manuscritas dos seus correspondentes autores. Así mesmo, Durán Loriga publica múltiples traballos en revistas estranxeiras, redactados por el mesmo nas linguas propias dos países nos que serían publicados. Entre os matemáticos de sona internacional cos que tivo relación, podemos citar a Poincaré e, sobre todo, a Charles Hermite. Traballos
de Durán Loriga foron editados por diversas institucións
e publicacións españolas, francesas, portuguesas, italianas,
belgas, alemanas, holandesas,... Entre outras: Association Française
pour l'Avancemente des Sciences; revista Le Matematiche pure ed applicate;
Gaceta de Matemáticas elementales; Revista de Ciencias Exactas,
Físicas y Naturales; L'Intermédiari des mathematiciens;
Revista de la Sociedad Matemática Española; El Progreso
Matemático; Journal des Sciencias Mathematicas e Astronomicas;
Mathesis: Periodico di Matematica; Archiv der Mathematikund Phisik; De
Vriend der Wiskunde; Real Academia Galega; Academia Provincial de Bellas
Artes da Coruña,... po, é o boletín de divulgación matemática DOUSPIERRE. É esta unha publicación da que adoitan aparecer seis números por curso.
|
|||