Benvida
Benvidos á web do IES Ramón Otero Pedrayo.
IES Ramón Otero Pedrayo
Avda de Monelos s/n
15008 A Coruña
USO DA PIZARRA DIXITAL NA AULA
Enviado por Pedro Vázquez en Mar, 2009-03-24 18:47.Organizado polo CEFORE da Coruña, durante os días 11, 12, 16, 17 e 23 de marzo de 2008 desenvolveuse o curso titulado "O Emprego da Pizarra Dixital na Aula", co fin de capacitar ó profesorado de secundaria asistente para a utilización desta nova ferramenta didáctica que, con seguridade, suporá unha auténtica revolución na vida educativa dos centros, e que "ameaza" con arrumbar ós vellos encerados ós museos.
O noso centro acaba de recibir da Consellería de Educación unha pizarra dixital, que próximamente se instalará nas dependencias do edificio anexo. Esperamos que este novo elemento didáctico contribúa a despertar un maior interese no alumnado e a dinamizar a vida académica nas aulas.

