Dependencias

Planos de Dependencias

O recinto no que se asentan as instalacións actuais do I.E.S. Ramón Otero Pedrayo pode descompoñerse da seguinte maneira:

  • Edificio principal
  • Pavillón polideportivo
  • Edificio anexo
  • Zona polideportiva e de lecer
  • Zona axardinada

O edificio principal foi remodelado ó longo do curso 97-98 e conta coas seguintes plantas:


PLANTA BAIXA

Nesta planta sitúanse parte das aulas do centro, sala de profesores, biblioteca, aula de informática -dez postos-, salón de actos, Departamento de orientación, aula de apoio, un dos departamentos didácticos, cafetería, administración, e despachos do equipo directivo.

Se fas click co rato nalgunha das dependencias poderás ver o nome que os alumnos lle puxeron a cada unha delas. Se queres voltar á imaxe orixinal volve facer click co rato enriba desa dependencia.

  


PRIMEIRA PLANTA

Nesta planta atópase o segundo bloque de aulas, a aula de informática do concello, o laboratorio de bioloxía-xeoloxía e física e química, e a maioría dos departamentos didácticos.

A actual falta de espazos, que ben a ser un dos problemas importantes do centro, obriga a que os locais dedicados a departamentos sexan realmente pequenos e teñan que ser compartidos por membros de varias asignaturas.

  


SOTO

Nesta planta atópase a aula de música e a aula-obradoiro de tecnoloxía.

Dende o soto, e tamén por fóra do edificio principal pero sempre dentro do recinto escolar, accedese ó pavillón polideportivo (edificación de nova creación que entrou en funcionamento no curso 1999-2000) e tamén ás pistas polideportivas.

   


 

Distribuir contido