Tecnoloxía

Presentación

 Proxectos Tecnoloxía 1º Ciclo

O departamento de tecnoloxía no IES Ramón Otero Pedrayo ten unha oferta educativa que abrangue 3 cursos da ESO.

2º ESO: 3 horas semanais e de carácter obrigatorio.

3º ESO: 2 horas semanais e de carácter obrigatorio.

4º ESO: 3 horas semanais e de carácter optativo.

Asemade, ofértase a posibilidade de cursar a materia de Informática aos alumnos de 4º da ESO con carácter optativo.

Esta materia ten un carácter fundamentalmente práctico polo que as explicacións teóricas se ven complementadas por traballos a desenvolver na aula-obradoiro do noso centro. Nesta aula, chamada Antonio Palacios, os alumnos levan a cabo o deseño e construción dos proxectos cos que plasman os coñecementos adquiridos teóricamente en campos como a Mecánica, a Electricidade, a Electrónica ou a Neumática.

Se queres ver algún dos traballos realizados fai click na Galería e accede ó álbum de Proxectos de Tecnoloxía. 

 Día da Ciencia na Rúa 2008

Distribuir contido