Normas Xerais da Biblioteca
Normas da Biblioteca
BIBLIOTECA DO IES RAMÓN OTERO PEDRAYO
NORMAS XERAIS.-
Na bibliteca debemos gardar o maio silencio posible para non molestar ás persoas que están estudiando ou lendo.
Manter en orden a biblioteca é unha tarefa de todos, así que cando marches procura deixar a silla no seu sitio, os xornáis e revistas ordeados no seu lugar. Os libros , se non sabes onde colocalos, deixaos na caixa que hai para tal fin.
Non se pode comer nin beber na biblioteca.
SERVIZOS DA BIBLIOTECA.-
Lectura e consulta en sala.-
- Na biblioteca podes consultar os libros, revistas, xornáis, etc. que queiras, pero cando remates tes que deixalos no seu lugar. Os libros, sempre que non lembres onde colocalos, déixaos na caixa que hai na mesa de xestión da biblioteca.
- Os libros non se poden sacar da biblioteca salvo que sexa como préstamo de biblioteca ou para consultar na aula.
Servizo de préstamo.-
- Podes levar en préstamo libros de lectura, xornáis ou revistas durante un período máximo de 7 días. Os CDs e DVDs so se poden levar en préstamo durante a fin de semana, de venres a luns. Pasado ese tempo tes que devolvelos á biblioteca.
- Podes ter en préstamo dous materiais, pero pensa nos demáis e non leves máis dos que vaias utilizar. O préstamo dos libros pódese renovar durante outros 7 días, sempree cando non sexan requeridos por outras persoas.
- Os préstamos e devolución faranse durante os recreos. Debes cubrir unha ficha de préstamo e entregarlla á persoa responsable de biblioteca . Cando fagas a devolución tamén debes darllos á persoa que nese momento se ocupe da biblioteca e comprobar que realmente se toma nota da túa entrega.
- Se incumples reiteradamente os prazos de devolución, perderás o dereito a levar materiais en préstamo durante algún tempo.
- O deterioro ou perda dos materiais, suporá a súa reposición ou abono do seu custo en metálico.
A NOSA BIBLIOTECA.-
A Biblioteca do IES Ramón Otero Pedrayo está situada na planta baixa do instituto, nun local de aproximadamente 50 m2. Conta con 42 postos de lectura, repartidos en dúas zonas diferenciadas:
Zona de libros de lectura, fundamentalmente en galego e castelán
Zona de libros de consulta: Diccionarios, Enciclopedias, Atlas e libros temáticos en xeral.
Obxectivos.-
- Apoiar a formación académica do alumnado.
- Garantir o acceso do alumnado a toda información necesaria para o seu proceso formativo.
- Acadar a integración da biblioteca como eixo central de toda a formación académica e que sexa asumida como tal por toda a comunidade educativa.
- Apoiar e deseñar actividafdes de promoci´pn da lectura no noso centro.
- Garantir que o alumnado domine as técnicas de búsqueda de información en calquera soporte e en calquera biblioteca.
Horarios.-
Actualmente a biblioteca está aberta nos recreos para consultar, ler, estudiar…...O préstamo e devolución de materiais realizase exclusivamente nos recreos por parte da persoa encargada da biblioteca. No resto do horario lectivo, a Biblioteca permanece aberta e a disposición de todos aqueles grupos , que sempre co seu profesor ou profesora, queiran utilizala.
Asímesmo a biblioteca permanece aberta os mércores pola tarde para que aqueles alumnos e alumnas que queiran ou necesiten traballar nela.
Actividades.-
- Formación do alumnado na búsqueda documental.
- Concursos: postais, marcapáxinas, cartas, poemas e relatos de amor, murais e contra a violencia de xénero.
- Guías de lectura
- Exposicións.
- Club de lectura Bibliotero
Fondos.-
- 7000 volumes aproximadamente (Libros, Diccionarios, Enciclopedias, CDs, CD-Roms, DVDs, Vídeos).
- Xornais (“La Voz de Galicia”, “El País”)
- Revistas (“Qué leer”, “Muy interresante”, “Educación y Biblioteca” ).



