herbario

                                              

                                      Método de elaboración dun herbario escolar

Pautas a seguir

1.- Recollida de exemplares

 Non debes coller plantas en parques ou xardins públicos.

 Tampouco debes coller plantas ameazadas ,(ver lista de especies protexidas http://www.uam.es/otros/consveg/documentos/galicia-2007.pdf

Co fin de conservar a natureza non é aconsellable arrincar as plantas, senon cortalas. Unha vez que as recollas gardalas nunha bolsa de plástico xunto con frutos, ou sementes se has houbera. As plantas debes clasificarlas o mais pronto posible, de non ser asi, meteas no frigorífico sen tardar mais que un día. De tardar mais, prensas a man nunha folla de periódico.

Cando recollas a plantadebes facer anotacións nun caderno ou unha folla que debes gardar ca planta e a anotación (coma a localidade, habitat, data, etc. ) para así ter datos que che axuden a identificala. 

Tamén podes facer fotos dixitales.

 

2.- Secado do material. 

Este paso é moi importante pois a calidade depende do secado dos exemplares pois así evitarás que medren mofos, insectos, etc.

Para seca-las plantas debes colocalas en periodicos ca súa etiqueta.

 

 

Entre cada planta debe haber varios papeis de periódico para faclitar o seu secado.

Cando teñas varias plantas, colocase encima varias enciclopedias co fin de que perdan a humidade e queden ben estiradas. Isto debelo facer varios días seguidos, seguindo este orde para face-lo cambio dos periódicos: 1,2,4,7,10 días.

No caso de brións ou liques tamén debes secalos con xornáis pero non necesitas aplastalos

ALGAS 

 No caso das algas, para que queden ben estiradas debo introducilas nunha cubeta con auga e despóis colloas na folla onde van a quedar pero para facilitar a "pesca " da alga esa folla debe ir sobre algún soporte como cartón ou cristal, despóis axúdaste dun pincel para que quede ben extendida. o secado da alga como no caso das plantas pero debo cubrila cun trapiño fino para que non quede manchada co periódico(a alga xa queda así pegada ó periódico)

 3.-Montaxe

unha ves secos os exemplares peganse con esparadrapo a unhas follas algo grosas

no caso de recoller sementes ou cachos da propia planta debes metelos nun sobre feito de papel

Cada planta debe ser gardada independientemente sobre un pliego de papel, no caso dos liques, fungos ou brións poden ir dentro de bolsiñas de celofán e pegalas a un folio

 A etiqueta que acompaña cada exemplar debe ir pegada na esquina inferior dereita do folio e debe incluir os seguintes datos:

Nome científico. Nome común en castelán e  galego.Propiedades

Familia: Localidade. Habitat( prado, cuneta,tellado.....) Data de recollida  . Nome da persoa que a recolleu. Nome da persoa que a determinou.

EXEMPLO:

Familia: labiada

Nome  científico: Rosmarinus officinalis

Nome comun:C_´romero/G :romero

Localidade:Coruña

Habitat: camino

Data:8-4-2009

Leg-  -Carmen Rodriguea

Det: Carmen Rodriguez

PROPIEDADES. medicinal

 

 

4.- Obxetivos

  1.  Aprender a  técnica básica dun herbario
  2. Aprender a metodoloxía da identificación de plantas
  3. contribuir o coñecemento da flora comarcal
  4. Valorala importancia das plantas desde un punto de vista ecolóxico,medicinal..
  5. Coñecer as especies ameazadas según a lexislación vixente.