Recursos en liña

O MUNDO CLÁSICO 

 Se estudas o mundo clásico de Grecia e Roma en Ciencias Sociais de 1º de ESO ou en Cultura Clásica, visita a páxina Proyecto Palladium. Nela podes participar nunha carreira de carros no circo romano, acompañar a Ulises na súa viaxe a Ítaca ou deseñar ti mesmo un templo grego

 

 

 



 A ARQUITECTURA ROMÁNICA

 

A xoia da arquitectura románica española está moi preto de nós, en Santiago de Compostela. Nesta páxina web podes aprender a historia da súa construción, ver o Pórtico da Gloria e realizar unha visita virtual  polo interior do edificio

 

 

 


 

O MUNDO DA EMPRESA

A materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras ten como finalidade achegar o mundo da empresa aos alumnos da ESO. Na páxina do organismo BIC Galicia atoparás toda a información necesaria para crear a túa propia empresa, estudos de mercado, análises de produtos, subvencións...