LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN
As liñas de actuación prioritarias para o presente curso contemplan as recomendacións da Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e serán as seguintes:
-
Actuacións que teñan como obxecto a atención á diversidade, e contribuir á elaboración das medidas pertinentes, en especial no referido ao alumnado con necesidades de apoio educativo, a través da:
-Identificación temperá de necesidades.
-Revisión e, de ser o caso, modificación das medidas de apoio.
-Optimización dos recursos humanos e materiais dos centros.
-Asesoramento aos departamentos didácticos na resposta á diversidade.
-Coordinación cos orientadores dos centros adscritos para facilitar o tránsito entre etapas educativas.
-
Desenvolver o Plan de Acción Titorial, especialmente no referido a:
-Incorporación de contidos relacionados con habilidades sociais, autoestima, resolución pacífica de conflictos a través da mediación, dinámica de grupos e a igualdade entre homes e mulleres.
-Desenvolvemento das competencias básicas.
-
Asesorar aos alumnos/as sobre os diferentes itinerarios académicos e profesionais, permitíndolles tomar unha decisión sobre o seu futuro académico dunha forma responsable e consciente.
-
Actuacións en relación á promoción da convivencia:
-Colaboración na elaboración e posta en práctica do Plan de Convivencia.
-Desenvolvemento do Programa de Mediadores no Contorno Escolar.
-
Actuacións encamiñadas a diminuír o absentismo escolar e o abandono temperá dos estudos:
-Colaboración na elaboración e posta en práctica dos protocolos de absentismo escolar do Plan de Convivencia e coordinación cos correspondentes servizos do Concello (Educadores sociais dos Centros Cívicos Municipais).
O Departamento de Orientación tamén colabora na posta en práctica dos diferentes proxectos nos que participa o centro: Plan de Mellora da Biblioteca Escolar, Plan de Mellora de Éxito Escolar e Plan de Autoavaliación e Mellora da Calidade Educativa.
- APIs de Blogue

