ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA ( Curso 2009-2010)
ENCONTROS CON ESCRITORAS/ES.- Neste curso fixemos varios encontros con autora e autores nos que se falou dos libros e da capacidade que teñen para facernos vivir outras vidas e imaginar outros mundos diferentes do noso
ANTÓN RIVEIRO COELLO, que estivo con nós o 19 de Xaneiro do 2010, contounos a vida do protagonista do seu libro e respondeu ás nosas preguntas sobre o personaxe de Iqbal, un neno escravo. O seu libro “As rulas de Bakunin” foi un dos que máis nos costou ler entre todas as lecturas deste curso pola dureza dos feitos que relata. A actividade estivo dirixida ao alumnado de 4º de ESO e coordinada polo departamento de lingua galega e a Biblioteca.
BALI RAI, escritor británica de orixe hindú que estivo con nós o 22 de xaneiro de 2010, e con quen falamos do seu libro “Un casoiro ben mal amañado”, no que recolle unha experiencia real que lle aconteceu a un familiar dentro dunha familia tradicional na India. A experiencia foi moi interesante xa que se desenvolveu en inglés e galego, co cal o alumnado puido facer as súas preguntas en ambalas dúas linguas sen problema.
JOAN MANUEL GISBERT, veu a visitarnos o 1 de febreiro do 2010. Gisbert, que xa estivo con nós en cursos anteriores falounos do seu libro “Los caminos del miedo”, que presenta 4 relatos de misterio e terror que suscitaron bastantes preguntas entre os asistentes ó encontro. Asistíu o alumnado de 1º de ESO coordinado polo departamento de lingua castelá e literatura e a Biblioteca. FRAN ALONSO estivo con nós o 27 de Abril de 2010, e veu a falarnos dos seu libro “Cartas de amor”, novela que recolle as experiencias de 8 mulleres dende diversas partes do mundo, Baixo o denominador común da inxustiza, do maltrato ou da miseria. A actividade foi dirixida ao alumnado de 3º de ESO. ISABEL MOLINA LLORENTE estivo con níos o 28 de Abril para falar do seu libro “El herrero de la luna llena”, que recolle unha historia ambientada no Camiño de Santiago,
CONCURSOS NA BIBLIOTECA.- Organizados polo Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca: - Concurso de Murais contra a violencia de xénero, que foron expostos nos corredores do instituto. - Concurso de Postais e textos sobre o Nadal, que tamén expuxemos nos paneis de Normalización Lingüística.- Concurso de cartas e poemas de amor “Namorando coa palabra”, que foron lidos e expostos na Biblioteca. Os traballos, foron encadernados e pasaron a formar parte dos fondos da propia biblioteca.- Concurso de marcapáxinas sobre o “Día do Libro” e o “Día das Letras Galegas” EXPOSICIÓNS.- Presentamos as exposicións como os traballos feitos polo alumnado do Instituto, para reivindicar determinados feitos, conmemorar algunhas datas ou para mostrar o traballo feito nas aulas en diferentes materias: MURAIS E CARTEIS FEITOS PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA, elaborados polo alumnado do instituto. Tamén fixemos unha esquela con cada unha das mulleres mortas pola violencia de xénero no ano 2009, que mostramos nos corredores do centro. CARTEIS FEITOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA, en colaboración con varios departamentos: música, ciencias, matemáticas, tecnoloxía, xeografía e historia, lingua galega e lingua española…. POEMAS E CARTAS DE AMOR , feitos polo alumnado para o Día dos namorados. CALIGRAMAS, feitos polo alumnado de 4º ESO PARA QUE LES?, exposición elaborada polo entre as bibliotecas que pertencemos ao PLAMBE e que complementamos en cada un dos nosos centros. MI LECTURA FAVORITA: Comentarios feitos polo propio alumnado sobre as libros que máis lles gustaron dos lidos neste curso. Foi elaboradas para o Día do Libro.
CONMEMORACIÓNS NA BIBLIOTECA.- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro-2009). Elaboramos un mural, no que participou o alumnado de 4º ESO e ao que se lle foron sumando todo tipo de colaboracións feitas polo resto de alumnos e alumnas do Instituto. Expuxemos tamén esquelas cos nomes de todas as mulleres mortas no ano pasado pola violencia machista. DÍA DA PAZ (30-Xaneiro-2010).- Organizamos unha lectura de poemas e textos sobre a Guerra e a Paz, con poemas compostos polo propio alumnado en diferentes linguas e outros de poetas que escribiron sobre o tema. Acompañamos a lectura cunha proxección na que presentabamos imaxes de países en guerra, facendo contrapunto con imaxes de Paz. A actividade celebrouse na Biblioteca nos recreos das dúas últimas semanas do mes de xaneiro. DÍA DO LIBRO (23-Abril-2010). Fixemos un maratón de lectura na Biblioteca, con textos en castelán e en galego, no que participou todo o alumnado do instituto, centrándonos naqueles textos que estabamos a traballar nas aulas e outros que seleccionamos entre todos (alumnado e profesorado) DÍA DAS LETRAS GALEGAS (18-Maio-2010)- Maratón de lectura na Biblioteca sobre textos en galego, que foron seleccionados previamente polo propio alumnado na Biblioteca. Participaron alumnos e alumnas de 4º ESO. Exposición sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra, que complementamos cun concurso de marcapáxinas sobre a lectura en galego e sobre a figura do autor do Courel.
OBRADOIROS DE POESÍA E MÚSICA.- Contamos con: * CRISPÍN D’OLOT (26 de marzo de 2010).- 3º e 4º ESO. Un repaso en verso e prosa pola literatura española desde a Idade media ata os nosos días da man dun trobador moi especial. Esta actividade foi a mellor avaliada polo alumnado.
MARATÓNS DE LECTURA.- Para festexar o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, fixemos dous maratóns de lectura, en diferentes linguas.
VISITAS A EXPOSICIÓNS, MUSEOS E BIBLIOTECAS.- As visitas foron preparadas previamente na Biblioteca: - Exposición de fotografía de Ruth Matilda Anderson.- 18 de Decembro-2009. A traverso das imaxes desta fotógrafa americana puidemos coñecer a vida da Galiza dos anos 1924-1925. Despois da actividade, na asignatura de lengua levamos a cabo un obradoiro sobre lectura da imaxe, que conseguíu a participación de todo o alumnado. - Biblioteca Miguel González Garcés.- Visitas guiadas para o alumnado de 1º e 2º de ESO Outubro 2009. Ante a imposibilidades de facer algunhas saídas en horas lectivas, tamén visitamos algunha exposición temporal, fora do horario lectivo e de xeito voluntario. Esta actividade estivo coordinada polo departamento de Orientación. - Biblioteca de Estudos Locais.- (4º ESO) - Real Academia Galega e Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán.-12 de febreiro de 2010. Visita á sede da Real Academia Galega e percorrido pola visda e obra de Emilia Pardo Bazán despois de que ao alumnado lera algúns relatos e novelas dela nas aulas.
SAÍDAS POLA CIDADE.- - Correlingua: Carreira pola Lingua, que discurre desde a Torre de Hércules ata os Xardíns de Méndez Núñez. O día 13 de maio desenvolveuse na nosa cidade a tradicional carreira do CORRELINGUA que ten como obxectivo a defensa do idioma galego a través dunha serie de actos lúdicos e festivos. 130 alumnos e alumnas, de 1º a 4º de ESO deste instituto participou xunto con 3500 alumnos máis de toda a comarca. Durante o percorrido puidemos gozar da presenza de actores e mimos que amenizaban a andaina. Na festa final actuou a compañía teatral Chévere, o grupo “Descontrol” do Colexio Mosteirón e o gañador do concurso de música “A polo Ghit” ( o grupo “Snach”). Esta actividade foi coordinada polo Equipo de Normalización Lingüística - Roteiro guiado polo alumnado de 4º de ESO polo entorno da Torre de Hércules: Xuño-2009 (4º ESO). Preparámolo previamente coa documentación que atopamos na Biblioteca e despois cada alumn@ expón unha das figuras escultóricas que hai no percorrido, comentando as súas características. A visita remata coa visista á Torre de Hércules.
TEATRO E BIBLIOTECA.- As actividades de teatro foron coordinadas polos Departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca. Plantexámonos, como en cursos anteriores, a posibilidades de que o alumnado asista ás representacións teatrais, organizadas polo Concello de A Coruña e que se programan na nosa cidade ao longo do curso, fundamentalmente no primeiro trimestre. Solicitamos catro obras, a razón dunha representación para cada nivel, coa finalidade de que todo o alumnado poda acudir polo menos a unha representación. O alumnado de 1º de ESO, asistiu á representación que fixo no propio instituto o grupo de teatro do colexio Rías Altas. Neste curso concretamente, tivemos a sorte de que dúas delas estaban baseadas en textos literarios , que se comentaron previamente co alumnado nas aulas e na biblioteca. No caso das dúas primeiras contamos cos textos completos. Nas dúas restantes preparamos a asistencia á representación en base ao argumento e á información suministrada polo Concello. Despois da representación mediante unha ficha-cuestionario fixemos un comentario conxunto na aula. Nalgúns casos o comentario converteuse nun debate sobre a temática das obras (“E ti quen ves sendo? Ou “A esmorga”). As obras que vimos neste curso forom: - “E ti quen ves sendo?.- xaneiro de 2010 (2º ESO)- “El deleitoso y otras delicias”.- 26 de febreiro de 2010 (3º ESO)- “A esmorga”.- 8 de Abril de 2010 (4º ESO) Ademáis o instituto participa no ciclo de teatro escolar “Descubrir o Teatro” polo que os grupos de teatro de dous institutos veñen a actuar ao noso. As obras deste curso foron: - “Historias de trincheras”.- (Grupo de teatro “Absurds” do Colexio Rías Altas) Día 28 de Abril de 2010, obra dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO- “A vida non ten xeito ningún”.- (Grupo de teatro “Trosma” do Ies Monelos) Día 31 de Maio de 2010. Obra dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO
CLUB DE LECTURA “Bibliotero”.- Creado xa no curso 2007-2008, quixemos darlle continuidade no curso 2008-2009 e na actualidade, 2009-2010, está composto por 17 alumnas e alumnos de 1º e 2º de ESO, que teñen en común o gusto pola lectura. Coordinámolo entre dúas profesoras e neste curso establecimos unha sesión menuall que se desenvolve na Biblioteca, durante o recreo, aínda que algunha sesión tivo lugar os martes ao mediodía, xa que aproveitamos que hai clases de tarde para xantar no instituto. Ata agora limos os seguintes libros: - “A miña planta de laranxa lima” de José Mauro de Vasconcelos, - “Otra vuelta de tuerca” de Henry James, - “Usha” de María Reimóndez- “Lúa do Senegal” de Agustín Fernández Paz- “Chamádeme Simbad” de Francisco Castro. E para rematar o curso, algo de poesía:- Antoloxía de poesía en galego: “As catro estacións” (Antonio García Teixeiro), - Antoloxía poética en castelán : “Raíz de amor” (Selección y prólogo de Ana Pelegrín). @s componentes do Club neste curso somos:1º ESO B.- Thais Astray ManeiroEstrella Villanueva Vera1º ESO C.-Josefa Dos Anjos Dos Anjos Cristal Lago Boonstra1º ESO D.-Inés Franco RoadePedro Paz MongilClaudia Rolle LeisCristina Rumbo del ReyCristian Sanjorge Méndez2º ESO A.- Carlos Mazas SaavedraRubén Pardiñas GonzálezPaula Torea RamilLina Yu Zhao2º ESO D.-Iria Castaño ÁlvarezÁngela Prado Espiñeira2º ESO B.-Macarena Orro GómezJosé Luis Serantes Gómez Máis as profesoras Laura e Begoña. BIBLIOTECAS DE AULA.- Preparamos Bibliotecas de Aula para os catro cursos de 1º de ESO, xa que quixemos empezar a sementar desde abaixo. Visto o bo resultado da experiencia, para o próximo curso, pensamos extendelo a todos os demáis grupos. Nalgún grupo concreto e, para algunha materia específica, tamén preparamos unha pequena caixa con libros para ler na aulas, ainda que na maior parte dos casos as lecturas facíanse na propia biblioteca.
GRUPO DE TEATRO “A LAGARADA”.- O grupo de teatro “A Lagarada” do IES Otero Pedrayo, representa neste cursounha obra de creación propia “Vivir nun cadro”. Trátase dun texto en verso que recolle os monólogos dos diferentes personaxes do cadro “As Meninas” de Velázquez que se rebelan contra o seu creador e plantéxanse escapar do Museo paras poder vivir fora do cadro. A obra foi obxecto de preparación na biblioteca polo alumnado que forma parte do grupo de teatro. Consultamos libros de arte, de historia, páxinas web e libros de texto, para empaparnos ben do espíritu do barroco e da súa arte e, en especial da pintura. As primeiras lecturas dramáticas sempre se fan na biblioteca e a interrelación texto-intérpretes ten lugar sempre entre lecturas da época. As propias actrices do grupo pariciparon na elaboración dos textos de cada personaxe do cadro. Algúns dos ensayos incluso se fixeron na biblioteca ante a imposibilidade nálgún días concretos de ensaiar no Salón de Actos.
- APIs de Blogue

