ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA ( Curso 2010-2011).-
ENCONTROS CON ESCRITORAS/ES.- Neste curso fixemos varios encontros con autora e autores nos que se falou dos libros e da capacidade que teñen para facernos vivir outras vidas e imaginar outros mundos diferentes do noso.
VICENTE MUÑOZ PUELLES, que estivo con nós o 21 de Xaneiro do 2011, contounos as peripecias dun conxunto de libros que aburridos de vivir nun andel do soto dunha casa sen que ninguén os lea, deciden marchar na percura de aventuras e de lectores.. A actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º de ESO e coordinada polo departamento de lingua castelá e a Biblioteca.
LOLA GONZÁLEZ, escritora galega que estivo con nós o 27 de abril de 2011, e con quen falamos do seu libro “Alexandra”, no que recolle as aventuras dunha rapaza que desaparece de pronto e a quen os seus amigos buscarán ata descubrir cal foi o motivo da súa repentina desaparición e coñecer o seu novo xeito de vida. Asisitiu o alumnado de 3º de ESO.
MARICA CAMPO, veu a visitarnos o 10 de maio de 2011 para falarnosdo seu libro “E Xoel aprendeu a voar”, que leron os alumnos e alumnas de 1º de ESO. O encontró celebrouse no Salón de Actos da Biblioteca Miguel González-Garcés
CONCURSOS NA BIBLIOTECA.- Organizados polo Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca: - Concurso de Murais contra a violencia de xénero, que foron expostos nos corredores do instituto. - Concurso de Postais e textos sobre o Nadal, que tamén expuxemos nos paneis de Normalización Lingüística.- Concurso de cartas e poemas de amor “Namorando coa palabra”, que foron lidos e expostos na Biblioteca. Os traballos, foron encadernados e pasaron a formar parte dos fondos da propia biblioteca.- Concurso de marcapáxinas sobre o “Día do Libro” e o “Día das Letras Galegas” EXPOSICIÓNS.- Presentamos as exposicións como os traballos feitos polo alumnado do Instituto, para reivindicar determinados feitos, conmemorar algunhas datas ou para mostrar o traballo feito nas aulas en diferentes materias: MURAIS E CARTEIS FEITOS PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA, elaborados polo alumnado do instituto. Tamén fixemos unha esquela con cada unha das mulleres mortas pola violencia de xénero no ano 2009, que mostramos nos corredores do centro. CARTEIS FEITOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA, en colaboración con varios departamentos: música, ciencias, matemáticas, tecnoloxía, xeografía e historia, lingua galega e lingua española…. POEMAS E CARTAS DE AMOR , feitos polo alumnado para o Día dos namorados. CALIGRAMAS, feitos polo alumnado de 4º ESO, arredor do tema do amor, coincidindo coa Día dos Namorados. LOIS PEREIRO.- Exposición de poemas comentados feita polo alumnado de 4º de ESO, arredor da figura do escritor monfortino. SALVA UN LIBRO.- Mes de Abril de Maio. Exposición elaborada entre as bibliotecas que pertencemos ao PLAMBE e que complementamos en cada un dos nosos centros. Ademáis de participar na expopsición xeral, no instituto elaboramos unha plantilla na que fomos seleccionando libros, poemas e textos, tanto en lingua galega como en lingua castelá. MI LECTURA FAVORITA: Comentarios feitos polo propio alumnado sobre as libros que máis lles gustaron dos lidos neste curso. Foi elaboradas para o Día do Libro.
CONMEMORACIÓNS NA BIBLIOTECA.- DÍA DA BIBLIOTECA (Outubro- 2010).- Maratón de lectura sobre libros de terror na Biblioteca, que levamos a cabo o día 29 de Novembro durante toda a mañán. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 de novembro-2010). Elaboramos un mural, no que participou o alumnado de 4º ESO e ao que se lle foron sumando todo tipo de colaboracións feitas polo resto de alumnos e alumnas do Instituto. Expuxemos tamén esquelas cos nomes de todas as mulleres mortas no ano pasado pola violencia machista. DÍA DA PAZ (30-Xaneiro-2011).- Organizamos unha lectura de poemas e textos sobre a Guerra e a Paz, con poemas compostos polo propio alumnado en diferentes linguas e outros de poetas que escribiron sobre o tema. Acompañamos a lectura cunha proxección na que presentabamos imaxes de países en guerra, facendo contrapunto con imaxes de Paz. A actividade celebrouse na Biblioteca nos recreos das dúas últimas semanas do mes de xaneiro. HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS (1-Abril-2011).- Na Biblioteca Miguel González-Garcés, organizada por GALIX, houbo unha homenaxe ao autor de Memorias dun neno labrego, com motivo da inauguración da exposición “Querido Balbino” no 50 aniversario da publicación do seu libro. Foi unha sesión na que participaron diferentes persoeiros do mundo da cultura galega e na que participamos como convidados dous centros de ensino. O noso alumnado tivo ocasión de falar co autor e de tomar parte nun acto no que coñeceron de xeito persoal e directo alguns dos actores da cultura do noso país. DÍA DO LIBRO (23-Abril-2011). Fixemos un maratón de lectura na Biblioteca, con textos en castelán e en galego, no que participou todo o alumnado do instituto, centrándonos naqueles textos que estabamos a traballar nas aulas e outros que seleccionamos entre todos (alumnado e profesorado) DÍA DAS LETRAS GALEGAS (18-Maio-2011)- Maratón de lectura na Biblioteca sobre textos en galego, que foron seleccionados previamente polo propio alumnado na Biblioteca. Participaron alumnos e alumnas de 4º ESO. Exposición sobre a vida e obra de Lois Pereiro, ademáis dos comentarios sobre poemas e textos do autor comentados polo noso alumnado. MARATÓNS DE LECTURA.- Para festexar o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, fixemos dous maratóns de lectura, en diferentes linguas, que tiveron lugar na Biblioteca durante a xornada lectiva do dia 15 de abril e 21 de maioe que contou coa participación de todo a alumnado do centro e de todo o profesorado que tiña clase nalgunha das horas.
VISITAS A EXPOSICIÓNS, MUSEOS E BIBLIOTECAS.- - Biblioteca Miguel González Garcés.- Visitas guiadas para o alumnado de 1º e 2º de ESO Outubro 2009. Ante a imposibilidades de facer algunhas saídas en horas lectivas, tamén visitamos algunha exposición temporal, fora do horario lectivo e de xeito voluntario. Esta actividade estivo coordinada polo departamento de Orientación. - Biblioteca de Estudos Locais.- (4º ESO) - Real Academia Galega e Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán.- 12 de febreiro de 2011. Visita á sede da Real Academia Galega e percorrido pola vida e obra de Emilia Pardo Bazán despois de que ao alumnado lera algúns relatos e novelas dela nas aulas.
SAÍDAS POLA CIDADE.- - Correlingua: Carreira pola Lingua, que discurre desde a explanada de Riazor ata a Torre de Hércules. O día 4 de maio desenvolveuse na nosa cidade a tradicional carreira do CORRELINGUA que ten como obxectivo a defensa do idioma galego a través dunha serie de actos lúdicos e festivos. 130 alumnos e alumnas, de 2º e 3º de ESO deste instituto participou xunto con casi 4000 alumnos máis de toda a comarca. Durante o percorrido puidemos gozar da presenza de actores e mimos que amenizaban a andaina. Na festa final actuou a compañía teatral Chévere, o grupo “Nugalla” do Instituo de Pastoriza que foron gañadores do concurso de música “A Mocidade coa lingua” Esta actividade foi coordinada polo Equipo de Normalización Lingüística - Roteiro guiado polo alumnado de 3º de ESO polo entorno da Torre de Hércules: Xuño-2011 (3º ESO). Preparámolo previamente coa documentación que atopamos na Biblioteca e despois cada alumn@ expón unha das figuras escultóricas que hai no percorrido, comentando as súas características. A visita remata coa visista á Torre de Hércules. TEATRO E BIBLIOTECA.- As actividades de teatro foron coordinadas polos Departamento de Lingua Castelá e Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca. Plantexámonos, como en cursos anteriores, a posibilidades de que o alumnado asista ás representacións teatrais, organizadas polo Concello de A Coruña e que se programan na nosa cidade ao longo do curso, fundamentalmente no primeiro trimestre. Neste curso solicitamos cinco obras, a razón dunha representación para cada nivel e dúas para 4º de ESO, coa finalidade de que todo o alumnado poda acudir polo menos a unha representación. Neste curso concretamente, tivemos a sorte de que dúas delas estaban baseadas en textos literarios que puidemos ler e que se comentaron previamente co alumnado nas aulas e na biblioteca. Nas tres restantes preparamos a asistencia á representación en base ao argumento e á información suministrada polo Concello. Despois da representación mediante unha ficha-cuestionario fixemos un comentario conxunto na aula. Nalgúns casos o comentario converteuse nun debate sobre a temática das obras (“Limpeza de sangue” ou “”Shakespeare para ignorantes”). As obras que vimos neste curso foron: - “Rúa aire”.- 2 de Decembro de 2010 (2º ESO)- “Limpeza de sangue”.- 14 de Xaneiro de 2011 (4º ESO). Previamente o alumnado leu e comentou a obra na aula.- “Shakespeare para ignorantes”.- 7 de Febreiro de 2011 (3º e 4º ESO)- “El Caballero de Olmedo”.- 1 de marzo de 2011 (3º de ESO), coincidindo coa lectura previa da obra de teatro.- “Circus Klezmer”.- 15 de marzo de 2011 (1º de ESO).- O día 14 de Abril, o autor, director e actor de teatro Cándido Pazó presentou no o Teatro Colón de A Coruña a obra “Memoria das Memorias dun neno labrego”, monólogo baseada no libro que llimos no Club de lectura e que tamén leu o alumnado de 4º. Algúns dos nosos alumnos asistiron a unha representación na que o autor foi percorrendo os diferentes capítulos do libro por medio da súa voz e da súa magnífica interpretación. Ademáis o instituto participa no certamen de teatro escolar “Descubrir o Teatro” polo que os grupos de teatro de dous institutos veñen a actuar ao noso. As obras que vimos neste curso foron: - “Mulleres fronte ao espello”.- (Grupo de teatro “Proscenio” do Colexio Andaina) Día 18 de Maiol de 2011, obra dirixida ao alumnado de 3º de ESO. - “Proceso por la sombra de un burro”.- (Grupo de teatro “Sin ánimo de ofender” do Colexio Obradoiro). Representouse o día 31 de Maio de 2011. Obra dirixida ao alumnado de 4º de ESO
CLUB DE LECTURA “Bibliotero”.- Creado xa no curso 2007-2008, quixemos darlle continuidade no curso 2008-2009 , no 2009-2010 e de aquí en diante. Neste curso temos dous clubs de lectura; un de alumnado de 1º e 2º de ESO con 12 alumn@s e outro con alumnado de 3º e 4º de ESO composto por 15 alumnas e alumnos que teñen en común o gusto pola lectura. Coordinámolo entre tres profesoras e neste curso establecimos dúas sesións mensuais que se desenvolven na Biblioteca, durante o recreo dos mércorese no mediodía dos martes que quedamos a xantar e aproveitamos para charlas e debater de libros e lecturas máis polo miúdo ademáis de ver alguna película sobre as lecturas propostas. As lecturas do club de 1º e 2º de ESO foron: - “A miña planta de laranxa lima” de José Mauro de Vasconcelos, - “Chamádeme Simbad” de Francisco Castro. Para complementar o debate sobre o tema da enfermidade de Alzheimer, vimos a película “El hijo de la novia” e posteriormente comentamos o que sabíamos e o que aprendimos de novo sobre este cruel mal. - “El arquitecto y el emperador de Arabia” de Joan Manuel Gisbert- “E Xoel aprendeu a voar” de Marica campo- “O carteiro de Bagdad” de Marcos Calveiro.E para rematar o curso, algo de poesía:- Antoloxía de poesía en galego: “As catro estacións” (Antonio García Teixeiro), As lecturas do club de 3º e 4º de ESO foron: - “Caperucita en Manhattan” de Carmen Martín Gaite.- “O diario vermello de carlota” de Genma Lienas.- “El curioso incidente del perro a medianoche” de Mark Haddon.- “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas.- “Poesía última de amor e enfermidade” de Lois Pereiro.- “El Señor Ibrahim y las flores del Corán” de Eric-Enmanuel Schmidt. Ao rematar a lectura vimos a película baseada no libro e comentamos a relación entre ambos medios.Neste curso no Clubs de lectura somos.- 1º A.- José Luis Eiroa e Aarón Pastoriza Santos 1º B.- Estela Sánchez González 1º D.- Emilio Prado Duro e Samuel Mantiñán Cebral 2º B.- Xián Lois Alcayde Dans 2º C.- Francisco Cerqueiro Cebey e Julián López Calo , Pedro Paz Mongil, Caudia Rolle Leis, Iago Sandá Gómez e Alexanedre Silveira Abarca 3º D.- Sheyla Fraga Rodrígez Nerea González Pereiro , Gabriel Linares Castaño e Paula Yáñez Martínez 4ºA.- Laura Casals Gorrita e Tatiana Cedeira Costa 4º B.- Inés Michinel Sánchez , Ara-Sol Romero Vázquez , Anxo Manuel Silveira Abarca e Alba Vázquez Collazo Profes.- Pilar Freire, Luz Rivas e Begoña Valdés
GRUPO DE TEATRO “A LAGARADA”.- O grupo de teatro “A Lagarada” do IES Otero Pedrayo, representa neste curso unha obra de creación propia “Un día no bosque”. Trátase dun texto que recolle os monólogos e diálogos de diferentes habitantes dun bosque e que representa ese lugar calquera onde a xente coincide, se atopa e dialoga entre si no día a día. A obra foi obxecto de preparación na biblioteca polo alumnado que forma parte do grupo de teatro. Consultamos libros de arte, de historia, páxinas web e libros de texto, para empaparnos ben do espíritu ddos contos infantís que tiñan o bosque coma escenario proyagonista e fomos diseñando os personaxes de acordo con eses habitantes do país da fantasía. As primeiras lecturas dramáticas sempre se fan na biblioteca e a interrelación texto-intérpretes ten lugar sempre entre lecturas da época. As propias actrices do grupo participaron na elaboración dos textos de cada personaxe. Algúns dos ensayos incluso se fixeron na biblioteca ante a imposibilidade nálgún días concretos de ensaiar no Salón de Actos.
- APIs de Blogue

