Liñas prioritarias de actuación

LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN

     As liñas de actuación prioritarias para o presente curso contemplan as recomendacións da Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e serán as seguintes:

  •  Actuacións que teñan como obxecto a atención á diversidade, e contribuir á elaboración das medidas pertinentes, en especial no referido ao alumnado con necesidades de apoio educativo, a través da:

-Identificación temperá de necesidades.

-Revisión e, de ser o caso, modificación das medidas de apoio.

-Optimización dos recursos humanos e materiais dos centros.

-Asesoramento aos departamentos didácticos na resposta á diversidade.

-Coordinación cos orientadores dos centros adscritos para facilitar o tránsito entre etapas educativas.

  • Desenvolver o Plan de Acción Titorial, especialmente no referido a:

-Incorporación de contidos relacionados con habilidades sociais, autoestima, resolución pacífica de conflictos a través da mediación, dinámica de grupos e a igualdade entre homes e mulleres.

-Desenvolvemento das competencias básicas. 

  • Asesorar aos alumnos/as sobre os diferentes itinerarios académicos e profesionais, permitíndolles tomar unha decisión sobre o seu futuro académico dunha forma responsable e consciente.
  •  Actuacións en relación á promoción da convivencia:

-Colaboración na elaboración e posta en práctica do Plan de Convivencia.

-Desenvolvemento do Programa de Mediadores no Contorno Escolar.  

  • Actuacións encamiñadas a diminuír o absentismo escolar e o abandono temperá dos estudos: 

-Colaboración na elaboración e posta en práctica dos protocolos de absentismo escolar do Plan de Convivencia e coordinación cos correspondentes servizos do Concello (Educadores sociais dos Centros Cívicos Municipais).

O Departamento de Orientación tamén colabora na posta en práctica dos diferentes proxectos nos que participa o centro: Plan de Mellora da Biblioteca Escolar, Plan de Mellora de Éxito Escolar e Plan de Autoavaliación e Mellora da Calidade Educativa.  

 

Distribuir contido