|
|
COMO SE PODE UTILIZAR O CINE NA AULA?
Recomendada en Bernal Martínez et al (2008): Ciencias para el Mundo contemporáneo. Aproximaciones didácticas. Madrid: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)
En:
O
sono espacial estivo presente no cine en múltiples ocasións. Georges
Méliès en 1902 coa película
"Le voyage dans la lune" foi
un dos primeros directores en rodar sobre este tema. Outros títulos son:
Una mujer en la luna (1929).
Dirixida por Fritz Lang,
2001. Odisea del espacio (1968) do director Stantley Kubrick,
Apolo 13 (1995) do director Ron Howard e
Moon (2009). dirixida por Duncan Jones
El sonido del trueno.
Director Peter Hyams. Ano:2005
Ciencia-ficción
Alemania - USA Duración: 103 minutos
Esta película esta baseada nun
conto escrito por
En el filo de la duda. Director:Roger Spottiswoode. Ano:1993 Drama. Duración 140 minutos. Esta película sobre a aparición da SIDA nos Estados Unidos, a través do retrato da loita duns poucos, por unha causa que incumbe a todos. A batalla dos pioneiros contra a sociedade e a burocracia por atopar unha cura á "praga do século XX". Na película “No fío da dúbida”, podemos ver como un dos investigadores dedícase a comprobar a hipótese que emitiu: a SIDA é unha enfermidade de transmisión sexual, vainos a permitir ver como se verifica unha hipótese partindo da toma de datos, a análise dos mesmos, a comunicación dos resultados e como as conclusións evidentes que se derivan da investigación non son tan sinxelas de aplicar, xa que ven influídas por distintos condicionantes. Permite ademais unha certa reflexión sobre a verificación das teorías. Aínda que esta película e do ano 1993 atópase de rabiosa actualidade ó outorgarselle o Nobel de Medicina 2008 aos descubridores da SIDA.
![]() Una verdad incómoda. Director: Davis Guggenheim. Ano: 2006 Documental. Duración 90 minutos. Pode verse o documental na páxina: http://www.tu.tv/videos/una-verdad-incomoda-2006-documental Una
verdad "incomoda"... que es preciso difundir y frente a la
que hay que actuar urgentemente Rev.
Eureka. Enseñ. Divul. Cien., 2007, 4(2), pp. 341-342
Educadores por la Sostenibilidad
http://www.apac-eureka.org/revista/Volumen4/Numero_4_2/Una_verdad_inc%F3moda.pdf
Ciencia-Ficción. Duración 124 minutos
As investigacións levadas a cabo polo
climatólogo Jack Hall indican que o arrequecemento global do
planeta podería desencadear un repentino e catastrófico
cambio climático da Terra. As perforacións realizadas na
Antártida mostran que é algo que xa ocorreu con
anterioridade, fai dez mil anos. E agora está alertando aos
dirixentes de que podería ocorrer de novo se non se adoptan
medidas de forma inmediata. Pero as súas advertencias chegan
demasiado tarde. La última hora.
Director Leonardo Dicaprio. Ano: 2007 Documental. Duración 95 minutos Neste documental móstrase o estado actual do ecosistema en todo o planeta, e abrigo algunhas alternativas prácticas para restaurar o seu equilibrio. A película ten como narrador e produtor a Leonardo DiCaprio. Interveñen no documental grandes pensadores e activistas como o líder soviético Mikhail Gorbachev, o físico Stephen Hawking, a Premio Nobel da Paz Wangari Maathai, o ambientalista David Suzuki, entre outros.
Tierra. Director: Marck Linfield e Alastair Fothergillt. Ano: 2007 Cine Documental. Duración 98 minutos Móstrase sen efectos artificiais o "espectáculo da natureza". 'Terra' é unha longa viaxe que segue o rastro do sol, desde o Polo Norte ata a Antártida. Narra os avatares de tres nais e as súas crías: unha familia de osos polares, unha elefanta e o seu cachorro e unha balea e a súa cría. Esta película nos fai pensar no que nos podemos perder se seguimos co consumo irracional dos recursos.
Los últimos días del eden. Director: John. Mc Tiernan Ano: 1992 Cine de aventuras, drama, natureza. Documental. Duración 104 minutos No máis profundo da selva tropical do Amazonas, o investigador Robert Campbell vive e traballa tratando de encontrar un remedio contra o cancro. Habendo solicitado axuda á empresa farmaceútica para quen traballa, a investigadora Rae Crane chega a casa-laboratorio de Robert, que vive acompañado por unha tribo de indíxenas, as diferencias na forma de traballar dos dous científicos son evidentes. A destrución da selva para facer unha estrada fai que o doutor Campbell non logre rematar a súa busca.
Gattaca. Director: Andrew Nicol. Ano: 1997 Cine Ciencia-Ficción. Duración 112 minutos Trátase dunha película que expón, sen atafegarnos con efectos especiais, unha visión anticipadora bastante completa sobre as posibles consecuencias dunha manipulación xenética humana levada aos seus extremos. Aínda que, como todos s films clásicos de ciencia-ficción, opta por unha visión catastrofista do desenvolvemento, parécenos unha película moi suxestiva pola cantidade de temas que expón e os matices que introduce neles. Na seguinte páxina web pódese atopar propostas didácticas sobre a película: http://www.auladecine.com/recursos/gattaca.pdf O uso da información xenética para curar ou para marxinar? Os novos desafíos da bioética
Los niños del Brasil. Director: Franklin J. Schaffner. Ano: 1978Thriller . Duración 112 minutos
Na película, Josef Mengele realiza a clonación de 94 copias de Adolf Hitler e intenta que cada un dos nenos teña as mesmas experiencias na infancia que Hitler, para recrear a súa psique, facer un novo Hitler e restablecer un réxime nazi. a película relata os intentos dun ancián cazador de nazis, Erza Lieberman (Laurence Olivier), para descubrir e frustrar o plan de Mengele.
El jardinero fiel. Director: Fernando Meirelles. Ano: 2005 Drama.Thriller . Duración 112 minutos
Cando Justin Quayle (Ralph
Fiennes), diplomático británico en Nairobi, decátase de que a súa muller, Tessa
(Rachel Weisz), foi violada e asasinada, comeza a súa propia investigación.
Descobre unha trama internacional de corrupción, burocracia e accións lucrativas
da Industria farmacéutica. Ficha didáctica da película en http://www.edualter.org/material/cinemad3/jardinero.htm Cuesta Jimenez,J.L. (2006): El jardinero fiel o el desarrollo de nuevas medicinas. Rev Medicina Cine 2, 96-1001 en:http://www.usal.es/~revistamedicinacine/Volumen_2_1/n3/esp_3_pdf/eljardinero.pdf
Home. Director Yann-Arthus Bertrand. Ano: 2009
Película que recolle a historia e degradación da
Terra en décadas recentes. Home é o primeiro filme estreado
simultaneamente en salas de cine, televisión,
internet e DVD.
Cenizas del cielo. Director José Antonio Quirós. Ano 2008 Drama. Duración 96 minutos
|