Elementos dun sistema de comunicación

De Wiki do Pazo da Mercé

O sistema de comunicacións

En todo proceso de comunicación podemos distinguir unha serie de elementos básicos:

  • Emisor e receptor: O emisor é o elemento terminal da comunicación que se encarga de de proporcionar a información. Contraponse ao receptor que é o elemento terminal da comunicación que recibe a información procedente dun emisor. En moitas ocasións, emisor e receptor intercambian os seus papeis alternativamente producindo un diálogo. Podemos atopar casos con un emisor e varios receptores, ou viceversa.


  • Os transdutores: Un transdutor é un dispositivo encargado de transformar a natureza do sinal. O sinal físico que máis se utiliza nas comunicacións informáticas é o eléctrico. Isto é debido á súa facilidade de transporte, goberno e transformación, así como a súa rapidez de transporte: a velocidade da luz.


  • A canle: A canle é o elemento que se encarga do transporte do sinal sobre a que viaxa a información que o emisor e receptor pretenden intercambiar. Non todas as canles serven para todos os tipos de sinais, senón que cada canle de transmisión é adecuada para algúns sinais determinados. Por exemplo, o sinal eléctrico propágase ben por canles metálicos, bos condutores da electricidade, pero non así dos sinais luminosos.
    Unha canle ven definida polas súas propiedades físicas: natureza do sinal que é capaz de transmitir, velocidade de transmisión, capacidade de transmisión (ancho de banda), nivel de ruído que xenera, lonxitude máxima que permite, modo de inserción de emisores e receptores, etc.


  • Moduladores e codificadores: Aínda que a natureza do sinal a transmitir sexa apropiada ao tipo de canle elixido para a transmisión, non sempre a forma do sinal é a máis adecuada para conseguir unha eficiencia óptima na mesma. Por exemplo, as liñas de transmisión telefónicas poden emitir sinais eléctricos, pero non todos. Un sinal de alta frecuencia tería problemas de transmisión porque as liñas telefónicas están deseñadas para as transmisións de sinais eléctricos de baixa frecuencia, correspondentes á voz humana.
    Para adecuar os sinais ós canles de transmisión, utilízanse os moduladores (como por exemplo, o modem) e os codificadores (como os códecs).


  • Outros dispositivos para transmisión dos sinais: Existen outros dispositivos que poden intervir na comunicación e que dependen do tipo de comunicación de que se trate. Podemos destacar elementos como os amplificadores, repetidores, concentradores, conmutadores, antenas, etc.


O circuíto de datos

Se nos restrinximos ao ámbito das comunicacións entre ordenadores, cando establecemos unha comunicación entre dous equipos utilizando uns dispositivos e técnicas determinadas damos lugar ó que se coñece como circuito de datos. Os circuitos de datos expresan tanto o camiño e o modo como a tecnoloxía utilizada pola información que circula por unha rede de datos, con obxecto de alcanzar un destino receptor. Un circuito de datos está composto unha serie de elementos:



  • Equipos Terminais de Datos (ETD): É o compoñente do circuito de datos que fai de fonte ou de destino de información. Engloba a todo tipo de dispositivos, que poden ser tanto un terminal, unha impresora coma un potente ordenador. O ETD será o encargado de controlar as comunicacións do circuito.


  • Equipos Terminais de Circuito de Datos (ETCD): É o compoñente que adecúa os sinais que viaxan pola canle de comunicacións converténdoas a un formato adecuado ao ETD. Tamén engadirá a información de control necesaria para a rede de comunicacións que se use na transmisión. Un exemplo de ETCD é o modem.


  • Liña de comunicación: Dous ETCD únense a través dunha liña de datos, que ven caracterizada por un conxunto de parámetros, como a velocidade, etc. A calidade dunha liña está perfectamente caracterizada por normas internacionais.
Ferramentas persoais
Crear un libro