Topoloxías físicas

De Wiki do Pazo da Mercé

(Redirixido desde "Topoloxías físicas")

Índice

Topoloxía de bus

A topoloxía en bus, a menudo, recibe o nome de “bus liñal”, porque os equipos conéctanse en liña recta. Este é o método máis simple e común utilizado nas redes de equipos. Consta dun único cable chamado segmento central (trunk; tamén chamado backbone ou segmento) que conecta todos os equipos da rede nunha única liña.

Rede con topoloxía física en bus

Como características importantes da topoloxía de bus destacaremos:

  • Rebote do sinal: Como o sinal electrónico se envía a toda a rede, viaxa dun extremo a outro do cable. Se se permite ó sinal que continúe ininterrompidamente, rebotará unha vez e outra polo cable, e evitará que outros equipos envíen sinais. Por tanto, o sinal debe ser detido unha vez que xa tivo a oportunidade de alcanzar a dirección de destino correcta.
  • Terminador: Para deter o rebote ou eco do sinal, colócase un compoñente denominado terminador en cada un dos extremos do cable para absorber os sinais libres. Ó absorber o sinal libérase o cable para que outros equipos poidan enviar datos. Todos os extremos de cada segmento da rede deben estar conectados a un terminador.
    Se o cable é separado fisicamente en dúas partes ou desconéctase un extremo do mesmo, prodúcese unha rotura no cable. En calquera destes casos, un ou ambos extremos do cable non terán un terminador, o sinal rebotará e a actividade da rede se deterá.
  • Expansión da rede: A medida que crece o tamaño físico da instalación, a rede tamén necesitará crecer. O cable da topoloxía en bus pode alongarse utilizando un dos métodos seguintes:
    • Existe un compoñente denominado acoplador (barrel connector) que pode conectar dous segmentos de cable entre si para constituir un segmento de cable máis longo. Non obstante, os conectores debilitan o sinal e deben usarse con moderación. É preferible ter un cable continuo a conectar varios máis pequenos con conectores. O uso de demasiados conectores pode evitar que o sinal sexa recibido correctamente.
    • Pódese utilizar un repetidor para conectar dous cables. Un repetidor resulta mellor que un conector ou un tramo de cable máis longo, xa que permite que un sinal viaxe máis lonxe e siga sendo recibido correctamente.

Topoloxía en estrela

Na topoloxía en estrela, os segmentos de cable de cada equipo están conectados a un compoñente centralizado, como por exemplo un hub. Os sinais son transmitidos desde o equipo emisor a través do hub a todos os equipos da rede. Esta topoloxía utilizouse xa nos inicios da informática, cando se conectaban equipos a un gran equipo central ou mainframe.

Rede con topoloxía física en estrela

A rede en estrela ofrece a vantaxe de centralizar os recursos e a xestión. Sen embargo, como cada equipo está conectado a un punto central, esta topoloxía require unha grande cantidade de cables na instalación da rede. Ademáis, se o punto central falla, cae toda a rede.

Nunha rede en estrela, se falla un equipo (ou o cable que o conecta ó nodo central), o equipo afectado será ó único que non poderá enviar ou recibir datos da rede. O resto da rede continuará funcionando normalmente.

Podemos combinar varias redes en estrela de forma xerárquica. Formaremos así unha topoloxía de árbore, como podemos ver na seguinte figura:

Rede con topoloxía física de árbore

Topoloxía en anel

A topoloxía en anel conecta equipos nun único círculo pechado de cable. A diferencia da topoloxía en bus, non existen finais con terminadores. O sinal viaxa a través do bucle nunha dirección, e pasa a través de cada equipo que pode actuar como repetidor para amplificar o sinal e envialo ó seguinte equipo. O fallo dun equipo pode ter impacto sobre toda a rede.

Rede con topoloxía física en anel

Topoloxía de malla ou interconexión total

Esta topoloxía ofrece unha redundancia e fiabilidade superiores. Cada equipo está conectado a todos os demáis equipos mediante cables separados. Esta configuración ofrece camiños redundantes por toda a rede, de modo que se falla un cable, outro se fará cargo do tráfico.

Aínda que a facilidade de solución de problemas e o aumento da fiabilidade son vantaxes moi interesantes, estas redes resultan caras de instalar, xa que utilizan moito cableado. En moitas ocasións, a topoloxía en malla utilízase xunto con outras topoloxías para formar unha topoloxía híbrida.

Rede con topoloxía física de interconexión total

Variacións sobre as topoloxías estándar

Moitas topoloxías existentes son combinacións híbridas das topoloxías en bus, estrela, anel e conexión total.

  • Estrela-bus: A topoloxía estrela-bus é unha combinación das topoloxías en bus e estrela. Nunha topoloxía en estrela-bus, varias redes con topoloxía en estrela están conectadas entre sí con segmentos de bus liñais.
    Se un equipo cae, non afectará ao resto da rede. Os restantes equipos poden seguir comunicándose. Se un hub deixa de funcionar, tódolos equipos conectados a dito hub non poderán comunicarse. Se un hub está conectado a outros hubs, estas conexións tamén se interromperán.
Rede con topoloxía física estrela-bus
  • Estrela-anel: A estrela-anel (en ocasións chamada anel cableado en estrela) é similar á topoloxía estrela-bus. Nunha rede en estrela-bus hai segmentos liñais que conectan os hubs, mentres que os hubs dunha rede estrela-anel están conectados en forma de anel.

Criterios para a selección da topoloxía física da rede

Hai moitos factores a considerar ó decidir cal é a topoloxía que mellor se adapta ás necesidades dunha organización.

Topoloxía Vantaxes Desvantaxes
Bus O uso do cable é económico.
O sistema é fácil de instalar.
O bus é fácil de ampliar.
A rede perde rendemento cando o tráfico é moi forte.
Os problemas son difíciles de illar.
Unha rotura no cable pode afectar a moitos usuarios.
Anel Este sistema ofrece un acceso equitativo a tódolos equipos.
O rendemento mantense a pesar de que haxa moitos usuarios.
O fallo dun equipo pode afectar ó resto da rede.
Os problemas son difíciles de illar.
A reconfiguración da rede interrompe o seu funcionamento.
Estrela A modificación do sistema e a incorporación de novas equipos e fácil.
É posible unha monitorización e mantemento centralizados.
O fallo dun equipo non afecta ó resto da rede.
Se falla ese punto centralizado, a rede completa fallará.
Malla Redundancia e da fiabilidade.
Facilidade para resolver problemas.
O sistema é caro de instalar xa que utiliza moito cableado.
Ferramentas persoais
Crear un libro