A pila de protocolos TCP/IP

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por 127.0.0.1 (Conversa) ás 20:44, 13 setembro 2008

Características de TCP/IP

O Protocolo de Control de Transmisión/Protocolo Internet (TCP/IP) é un conxunto de protocolos aceptados pola industria que permiten a comunicación nun contorno heteroxéneo (formado por elementos diferentes). Ademais, TCP/IP proporciona un protocolo de rede encamiñable e permite acceder a Internet e ós seus recursos. Debido á súa popularidade, TCP/IP converteuse no estándar de facto (aceptado polos fabricantes) no que se coñece como interconexión de redes, a intercomunicación nunha rede que está formada por redes máis pequenas.

TCP/IP converteuse no protocolo estándar para a interoperabilidade entre distintos tipos de equipos. A interoperabilidade é a principal vantaxe de TCP/IP. A maioría das redes permiten TCP/IP como protocolo. TCP/IP tamén permite o encamiñamento e soese utilizar como un protocolo de interconexión de redes.

Deseñado para ser encamiñable, robusto e funcionalmente eficiente, TCP/IP foi desenvolvido polo Departamento de Defensa de Estados Unidos como un conxunto de protocolos para redes de área extensa (WAN). O seu propósito era o de manter enlaces de comunicación entre sitios no caso dunha guerra nuclear. Actualmente, a responsabilidade do desenvolvemento de TCP/IP reside na propia comunidade de Internet. A utilización de TCP/IP ofrece varias vantaxes:

  • É un estándar na industria: Como un estándar da industria, é un protocolo aberto. Isto quere dicir que non está controlado por unha única compañía, e está menos suxeito a cuestións de compatibilidade. É o protocolo, de feito, de Internet.
  • Contén un conxunto de utilidades para a conexión de sistemas operativos diferentes: A conectividade entre un equipo e outro non depende do sistema operativo de rede que estea utilizando cada equipo.
  • Utiliza unha arquitectura escalable, cliente/servidor: TCP/IP pode ampliarse (ou reducirse) para axustarse ás necesidades e circunstancias futuras. Utiliza sockets para facer que o sistema operativo sexa algo transparente. Un socket é un identificador para un servizo concreto nun nodo concreto da rede. O socket consta dunha dirección de nodo e dun número de porto que identifica ao servizo.

Estándares TCP/IP

Os estándares de TCP/IP publícanse nunha serie de documentos denominados Requests for comment (RFC); ou solicitudes de comentarios. O seu obxecto principal é proporcionar información ou describir o estado de desenvolvemento. Aínda que non se crearon para servir de estándar, moitas RFC foron aceptadas como estándares.

O desenvolvemento de Internet está baseado no concepto de estándares abertos. É dicir, calquera que o desexe, pode utilizar ou participar no desenvolvemento de estándares para Internet. A Plataforma de arquitectura Internet (IAB) é o comité responsable para a xestión e publicación das RFC. A IAB permite a calquera persoa ou a calquera compañía que envíe ou que avalíe unha RFC. Isto permite que calquera suxestión sexa tida en conta para cambiar ou crear estándares. Transcorrido un tempo razoable para permitir a discusión, crease un novo borrador que se converterá ou non nun estándar.

Os niveis de TCP/IP

O protocolo TCP/IP non se corresponde exactamente co modelo OSI. En vez de ter sete niveis, só utiliza catro. Normalmente coñecido como conxunto de protocolos de Internet, TCP/IP divídese nestes catro niveis, is correspóndese con un ou máis niveis do modelo OSI.

Crear un libro