A tarxeta de rede

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 21:12, 17 setembro 2009
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Tarxeta de rede

As tarxetas de rede, tamén denominadas NIC (Network Interface Cards, tarxetas de interfaz de rede), actúan como a interfaz ou conexión física entre o equipo e o medio de transmisión (sexa un cable ou o aire). Normalmente, as tarxetas están instaladas nunha ranura de expansión dos equipos.

Despois de instalar a tarxeta de rede, o cable de rede únese ao porto da tarxeta para realizar a conexión física entre o equipo e o resto da rede.

As funcións da tarxeta de rede son:

  • Preparar os datos do equipo para o cable de rede: Hai que ter en conta que a tarxeta de rede recibe os datos para enviar por un bus do sistema, polos que se transmiten os bits en paralelo (o bus PCI ten un acho de 32bits).
    Sen embargo, a transmisión e recepción de datos polo cable de rede será sempre realizada en serie. Polo tanto, a tarxeta de rede toma os datos que circulan en paralelo e os reestrutura, de forma que circulen polo cable da rede, que é un camiño en serie dun bit. Ademáis, a tarxeta convirte os sinais dixitais do equipo en sinais ópticas, eléctricas ou electromagnéticas que poden circular polos cables da rede. O compoñente responsable disto é o transceptor (transmisor/receptor).
  • Enviar os datos a outro equipo.
  • Controlar o fluxo de datos entre o equipo e o sistema de cableado: A miúdo, os datos móvense máis deprisa polo bus ou polo cable do que a tarxeta de rede pode xestionalos, e entón os datos envíanse ó buffer da tarxeta, unha parte reservada da RAM. Aquí mantéñense temporalmente durante a transmisión e recepción dos datos.
  • Recibir os datos que chegan polo cable e convertilos en bytes para que poidan ser comprendidos pola unidade de procesamento central do equipo (CPU).

Para asegurar a compatibilidade entre o equipo e a rede, a tarxeta debe ter as seguintes características:

  • Coincidir coa estrutura interna do equipo (arquitectura do bus de datos).
  • Ter o tipo de conector de cable apropiado para o cableado.

Por exemplo, unha tarxeta que funciona na comunicación dun equipo Apple non funcionará nun equipo de Intel, nin unha tarxeta para par trenzado nun cableado coaxial.

Elementos dunha tarxeta de rede

Os elementos básicos que se inclúen dentro dunha tarxeta de rede son:

  • Procesador principal: Realiza as operacións de comunicación, en base aos protocolos establecidos.
  • Conexión co bus: É a vía de comunicación entre a tarxeta de rede e o bus do ordenador (PCI, PCMCIA, etc.).
  • Zócalo ROM BIOS: Utilízase para insertar unha memoria ROM (só lectura) que permite obter o sistema operativo da rede e arrancar o ordenador.
  • Transceptor: É o dispositivo que da acceso ó medio de transmisión, cando o ordenador quere enviar ou recibir datos.
  • Conector Wake on LAN: Este conector comunica mediante un cable a tarxeta coa placa base do ordenador e permite o arranque deste, mediante o envío de ordes dende outro ordenador.
  • Indicadores de estado: Permiten comprobar o estado actual da comunicación:
    • LINK (PWR): Encéndese se hai conexión coa rede.
    • ACT (TX/RX): Encéndese se a tarxeta está enviando ou recibindo datos.
    • COL (FUDUP): Indica se se producen colisións, cando varias estacións transmiten á vez.
    • Algúns fabricantes inclúen outro indicador para mostrar a velocidade de transmisión utilizada pola tarxeta.
Ferramentas persoais
Crear un libro