Como cambio o meu contrasinal

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por 81.35.112.239 (Conversa) ás 08:16, 19 xaneiro 2010

Para poder cambiar o contrasinal haberá que iniciar sesión utilizando o contrasinal actual. No caso de que se esquecera este contrasinal ou o nome de usuario, véxase Que facer se se esqueceu o contrasinal.

Cando teñamos xa o escritorio dispoñible na pantalla do ordenador, premeremos de novo nas teclas Control, Alt e Suprimir. Aparecerán unha serie de opcións entre as que se atopan a de Cambiar o contrasinal.

Teremos que introducir en primeiro lugar o contrasinal actual e a continuación o novo contrasinal que queiramos establecer dúas veces. Aceptaremos os datos e esperaremos ata que se mostre unha mensaxe que nos informa de que foi cambiado o contrasinal.

Crear un libro