Direccións IP. Clases
De Wiki do Pazo da Mercé
IP utiliza direccións para os equipos da rede dun tamaño fixo de 32 bits. Estas direccións se almacenan en binario e se poderían especificar en binario, pero é moito máis cómodo usar a notación decimal separada por puntos. Para pasar unha dirección de binario a decimal, só hai que converter os números tomando os bits de 8 en 8 díxitos; despois separamos cada número decimal, que terá un valor entre 0 e 255, por puntos.
A nivel de rede, as máquinas organízanse en redes independentes que se conectan entre si. Dentro da dirección IP, os números indican en primeiro lugar número de rede e despois un número de equipo dentro desa rede. Cando se deseñou o protocolo IP, o problema era decidir cantos bits reservar para o número de rede e cantos para o número de equipo. Se se poñían moitos bits para as redes, podían definirse moitas redes, pero de moi poucos equipos, e o mesmo á inversa.
Por iso optouse por unha solución que permite ter distintos tipos de direccións con diferentes tamaños para os dous campos. O tipo de dirección ven indicado polo valor dos primeiros bits da mesma (identificador). Desta forma creáronse distintas clases de direccións IP, que dan lugar a distintas clases de redes:

