FDDI

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 10:54, 13 decembro 2008

A interface de datos distribuídos en fibra (FDDI) é unha especificación que describe unha rede de paso de testigo de alta velocidade (100 Mbps) que utiliza como medio a fibra óptica. Foi deseñada polo comité X3T9.5 de ANSI e distribuída en 1986.

Gracias ao uso da fibra, está limitada ata unha lonxitude máxima de anel de 100 quilómetros. É por iso que FDDI foi moi utilizado como rede de enlace central (backbone) á que se poden conectar LANs de menor capacidade.

FDDI utiliza o sistema de pase de testigo nunha configuración de dobre anel. O tráfico nunha rede FDDI está formado por dous fluxos similares que circulan en direccións opostas ao redor de dous aneis que xiran en sentido contrario. Un anel denomínase “anel principal” e o outro “anel secundario”.

Normalmente, o tráfico só circula polo anel principal. Se o anel principal falla automaticamente FDDI reconfigura a rede, de forma que os datos circulen polo anel secundario na dirección oposta.

Os equipos poden conectarse a un ou a ambos cables FDDI nun anel. Aqueles que se conectan a ambos aneis denomínanse estacións Clase A e aqueles que se conectan só a un anel son estacións Clase B. Se se produce un fallo na rede, as estacións de Clase A poden axudar a reconfigurar a rede mentres que as estacións de Clase B non poden.

Crear un libro